off
Movementos sociais, Opinião — 3 Decembro, 2021 at 6:55 p.m.

Morremos cando gardamos silencio fronte as inxustizas

by

Ao longo da historia milleiros de persoas loitaron e continúan na loita con gran dignidade por alcanzar un mundo máis xusto e solidario entregando as súas vidas, o seu tempo, o seu esforzo, a súa saúde a loita colectiva . Persoas anónimas que non saen nos xornais, nen nos medios de comunicación , ni nos libros de historia, persoas humildes que non se colgan medallas e con unha enorme xenerosidade e sacrificio polas demais persoas sempre están cada día de forma desinteresada e sen buscar nada a cambio aportando un gran de área pra mudar as cousas e pra transformar a sociedade.

Este escrito é unha pequena homenaxe de agradecemento a todas estas persoas e moitas máis as que debémoslles moitas cousas os dereitos que cada día nos están roubando e que temos que defender así como continuar na loita que estas persoas comenzaron e continúan nela porque morrremos o día que gardamos silencio fronte as inxustizas e porque senon fas política e se non loitas pola defensa dos teus dereitos outras persoas farán política por ti e contra ti e che roubarán os dereitos, a democracia, as liberdades e ata a carteira.

Temos outro motivo pra continuar na loita a obriga moral de deixarlles un futuro máis xusto, con dereitos e pra que poidan vivir con dignidade as presentes e futuras xeracións . Un mundo mellor do que collimos nós e un mundo no que o fascismo, o patriarcado, o racismo, o clasismo, o imperialismo, as violencias machistas, os feminicidios, a xenofobia, a transfobia, as desigualdades sociais, os desafiuxamentos, a pobreza, a escravitude sexan combatidas cada día cos valores da empatía, da solidariedade, da loita e movilización colectiva, coa solidariedade internacionalista e coa unidade da clase traballadora e dos movimentos sociais e da esquerda.

Nestes tempos de pensamento único neoliberal é fundamental darlle voz e visibilizar a loita de persoas referentes sociais de loita colectiva dende a sociedade civil, os movimentos sociais, o movimento feminista, ecoloxista, as radios libres e comunitarias, os centros sociais, as organizacións políticas de esquerdas, os sindicatos de clase traballadora, as plataformas cidadáns, as asociacións veciñais, estudantís, culturais, as Marchas da Dignidade, os Nunca Máis, as plataformas de pensionistas, as plataformas na defensa do ensino e da sanidade pública, etc.

Non hai democracia sen mobilización social nas rúas e sen unha sociedade civil permanentemente mobilizada, instruída, con pensamento crítico e organizada na defensa dos seus dereitos como clase , como nación e como colectivo.

Ao longo da historia o poder económico e as clases privilexiadas infundiron medo, empregaron o poder dos medios de comunicación e a represióno pra defender os seus privilexios e intereses de clase a costa de manter na ignorancia , con medo e represión a clase traballadora e o pobo traballador é hora de organizarse, de loitar e de erguerse e poñerse en pé como fan diariamente millleiros de persoas que se organizan, loitan polos seus dereitos e os das outras persoas.

E fan seu o lema Loitar aunque non che falte nada porque a moitas persoas fáltalles todo.

Por último quero deixar claro que non son escritor, nin historiador senon un activista de ideais socialistas que intenta aportar o que pode para mudar as cousas dende a loita colectiva xa que que concordo co que decía o compañeiro Che Guevara: Morremos cando gardamos silencio fronte as inxustizas,

Organicémonos, formémonos e loitemos fronte a elas .

A loita continúa

Grazas por leres e colaborares no Ollaparo !

Este sitio emprega Akismet para reducir o spam. Aprende como se procesan os datos dos teus comentarios.

off