off
Cedeira, Economía, Galiza, Meio ambiente, Opinião — 27 Xaneiro, 2023 at 12:21 p.m.

A Xunta abre camiño para a instalación de parques eólicos apesar da oposición de viziños, concellos e o próprio Plan Eólico galego

by

Despois de ter valorado desfavorabelmente o parque eólico de Badulaque ( Enel Green Power), a Xunta declara a excepcionalidade de 13 parques eólicos supostamente ligados a proxectos industriais, alguns dos cales pon en risco o Xeoparque en curso. Fica demostrada a total submisión do Goberno galego aos oligopoios eléctricos e ao ditado de Madrid e á carta para que continuen a saquear os nosos recursos sen haber un verdadeiro retorno social e económico como contraprestación para a xente do común

A aprobación no Parlamento da Galiza apenas cos votos favorables ​​do PP dunha alteración regulamentar através da Lei 9/2021, de 25 de febreiro, que abriu a porta à instalación de parques fora daquelas áreas no presuposto de que tiñan “un clara impacto territorial pola sua entidade económica e social, espiña dorsal e función estruturante do território e que asín sexan declarados polo Consello da Xunta de Galiza”. Con apenas esa frase de efeito  está praticamente suprimida a planificación eólica na Galiza, ao permitir a construción de parques à descrición en calquer lugar onde haxa vento e non é expresamente proibido, malia a coitada Rede Natura e por en risco o desenvolvimento e aprobación de proxectos de interese comarcal, nacional e internacional como é o Xeoparque de Cabo Ortegal da UNESCO  ( que debe respeitar as leis locais e nacionais relacionadas com a protección do património xeológico. locais de patrimonio xeolóxico determinar o status de Xeoparque Global da UNESCO duma área debe ser legalmente protegxida antes de apresentar un pedido de designación; unha alavanca que  debe ser usada para promover a nível local e nacional a protección do património xeológico.)

Desta forma, os proxectos Badulaque, Barqueiro, Santuário, Tesouro, Moeche e Caaveiro (na parte e Naraío) promovidos pola ENEL Green Power e cunha potencia combinada de 611 Mw, ben como os proxectos Levante e Boura proxetados por Greenalia Wind Power, ten cada vez mais viso  de se tornaren unha realidade, apesar de até agora non ter habido resposta às denúncias apresentadas pola viziñanza e polos Concellos dos concellos afectados, se ben é significativo o silencio daqueles  gobernados polo PP e o PSOE

Se as empresas beneficiadas executan os proxectos que Xunta e Goberno de España veñen autorizar, nos vindeiros dous anos  dos 4.000 pasariase  4500  ( 3.000 MW a sumar aos 4.000 MW actuais

O caso é que se as empresas executan os proxectos que Xunta e Goberno de España veñen autorizar, nos vindeiros dous anos  dos 4.000 pasariase  4500  ( 3.000 MW a sumar aos 4.000 MW actuais. Porén, foi a própria conselleira de Medio Ambiente quen afirmou que  varias zonas as análises de “sinerxías negativas” dos proxectos eólicos determinan que xa “hai unha masificacion e polo tanto non se poden seguir instalando parques”.

O Goberno de Alfonso Rueda  fixo un balanzo das declaracións de impacto ambiental entre os parques de menos de 50 MW, que son os que dependen de Galiza, fronte aos que acadan máis potencia e que dependen do Estado español. Pois ben, 77 declaracións de impacto ambiental, que suman 2.200 MW (500  aeroxeradores)  foron positivas. Pola contra 43, que sumarían máis 1.114 MW, foron negativas.

En relación aos parques estatais, aqueles con mais de 50 MW, o Governo de España na Galiza informou sobre a autorización ambiental de 7 instalacións con 130 aeroxeneradores e 712 MW.  Os novos parques obxeto deste comunicado son  promovidos pola Enel Green Power: Badulaque (90MW), Barqueiro (150MW), Santuário (180MW), Tesouro (60MW), Moeche (53MW) e Caveiro-Naraío (72MW), cun investimento total de 579, 6 milóns de euros; e dous novos da Greenália: Levante (106,4MW) e Boura (72,8MW), cun investimento asociado de 127 millóns, esclarecendo a suposata excecionalidade de 13 parques eólicos ligados a proxectoss industriais. Como debe ser lembrado, a Xunta de Galicia informou desfavorablemente en xullo de 2021 sobre todos os proxectos tramitados polo Estado -aqueles que superan os 50 MW de potencia- que estaban fóra da delimitación das áreas de desenvolvemento do Plan Eólico de Galicia. Segundo o argumentario da Xunta, os 7 parques autorizados polo Estado teñen comprometida a súa producción a prezos estables coas fábricas de Alcoa e Showa Denko ,o que serviulle á Xunta para facilitar a súa implantación en lugares non previstos polo Plan Eólico galego e acelerar a súa tramitación no que respecta aos relatórios que debía emitir sobre eles.

En conferencia de imprensa, o vice-presidente económico da Xunta, Francisco Conde, defendeu que as promotoras Greenalia e Enel,  obtiveron mais de 230 MW nos proxectos autorizados pola Xunta, deberian manter os seus compromisos enerxéticos coas indústrias ainda que nen todos os parques de competencia do Estado teñan recebido autorización

Foi a finais de xullo de 2021 cando concellos e comarcas da contorna, Cedeira, Cerdido, As Pontes, Valdoviño, Moeche, cando con os prazos de alegacións case estaba a esgotarse, mobilizáronse en reunións informativas e recollidas de sinaturas. No caso do noso concello, foi o propio grupo de goberno co alcalde á fronte o que fixo un amplo e frenético esforzo informativo explicando o problema que nos atopabamos coa instalación dos 6 colosos dunha totalidade de vinte que conforman este parque eólico; quilómetros de roza e pistas pisadas nos montes para a  instalación das  zapatas dun porte de  200 metros entre o perímetro de pala e o mastro .
Agora que sabemos da súa tramitación desde novembro do 2022 para.a instalación definitiva no noso Concello é cando medran as incógnitas. É agora cando xurden as dúbidas pois a información chega pola prensa, pois da información compulsiva do Concello a favor de alegar atopámonos agora cun  silencio preocupante por parte de Pablo Moreda e o grupo do PSOE, máis aínda cando o PSOE e o PP acaban de comunicar que ambos “demandan agilidad en  la tramitación administrativa de los proyectos eólicos, que socialistas y populares consideran fundamentales para el desarrollo de la comunidad”.
Fiar e que o oligopolio eléctrico coa comenencia do greenwashing está por solucionar as nosas problemáticas de enerxía industrial, de control de emisións,e de transición enerxética polo cambio climático sabendo o que xa sabemos e vivimos o mesmo é un chisco inocente.

Grazas por leres e colaborares no Ollaparo !

Este sitio usa Akismet para reducir o spam. Aprende como se procesan os datos dos teus comentarios.

off