Cando non se ten un proxecto de país, nin criterio transparente, acontece que se vota unha cousa e a contraria. Velaí o que PP e PSOE continuan a facer sen disimulo. Encanto en Cedeira votan pola retirada do Plano Eólico Mariño na Coruña votan pola permanencia e sen enmenda nen chata algunha.
Ante a moción presentada polo BNG nos Concellos a prol da retirada dos Plans de Ordeanción do Espazo Mariño, plans do Estado para a eólica mariña e ocupación dos caladoiros de pesca, sucede que en Cedeira todos os grupos políticos da corporación municipal e a Confraría votan pola retirada e na Coruña, PP e PSOE pola permanencia. Eleitoralismo localista segundo como respira a veciñanza, máis ambos son artífices da imposición e depredación ao servizo do oligopolio enerxético. Fronte a este despropósito o BNG é o único partido con folla de ruta. O modelo eólico do BNG defende que a riqueza eléctrica de Galiza debe porse ao servizo do País, unha transición enerxética xusta e democrática que favoreza ás familias, á clase traballadora e ás empresas e non ás contas de resultados das multinacionais.
A formación soberanista ven defendendo propostas concretas: Plan eólico deseñado a favor de Galiza, declarar o vento como ben de dominio público evitando que as concesións dos parques sexan infinitas, tarifa eléctrica galega e empresa de enerxía cen por cen pública.
Porén, continuamos sen saber que propón o bipartidismo hexemónico e os seus actores secundarios máis alá de favorecer empresas sen sede fiscal en Galiza e co único alvo de se aproveitar dos recursos do territorio e do mar galegos con nulo retorno de riqueza e benestar para quen neles vive e traballa.
Non se pode repicar e ir à misa ao mesmo tempo, mas o candidato do PP á alcaldia de Cedeira e a Conselleira de Pesca non tiveran vergoña de pasearse en procesión até à Casa do Mar a ver se apañan o voto dalgún despistado que ainda non descobriu que PP e PSOE defenden proxetos antagónicos coa preservación e xusto reparto dos recursos do país galego e de un dos seus principais setores produtivos: a pesca. Se o Plano eólico offshore for consumado, millares de empregos serán perdidos























