off
Educação, Movementos sociais, Opinião, Política — 20 Febreiro, 2023 at 8:24 a.m.

Dar batalla

by

Desde a queda do bloco soviético ( lémbranse daquel lugar de Europa denominado polo capitalismo “cortina de ferro” ou “pano de aceiro”?) os grandes centros das finanzas co seus tiburóns ao fronte, non pararon de extraer das uchas públicas recursos para darllos aos grandes emporios privados. O povo traballador do mundo capitalista, coa a queda da URSS e os estados parceiros, xa non tiña onde espellarse e deste modo, poder seguir esixindo compensacións polo seu traballo aos propietariso do capital. Desde entón,  para esta tropa de depredadores o alvo foi -usando a mesma política e estratexia sempre en toda parte-  privatizar todo o máximo posíbel e intentar somentes deixar ao estado, como simples garante da seguranza e pouco máis, como instrumento activo de redución de vontades. Bon, é coñecido que na concepción que teñen os piratas do público, cando algunha destas grandes empresas van mal é instrumentalizar  o aparello de estado para socializar as pérdidas, para despois unha vez sanedas con diñeiros públicos, tornala pór nas mesmas mans, quer dicer, privatizar os beneficios.

Vímolo de xeito desvegoñado na crise do 2008-10 como a banca foi regastada con recursos públicos que foran extraídos da sanidade e da educación, das proteccións sociais e das nosas pensións, é dicir do noso sistema de ben-estar se de verdade é que foi algures real. A día de hoxe eses 60 mil millóns ou máis de cartos públicos saqueados ao povo traballador do estado español polo poder institucionalizado, aínda na súa gran maioría dez anos despois non foron devoltos, a pesar de que a banca está conseguindo ultimamente beneficios records. Certamente, existem moitas e variadas cortinas de aceiro. Porque vivimos uns tempos onde esta ideoloxía discriminatoria e diferencial, que loita contra a igualdade das persoas, que ten resentimento e rancor contra os sistemas de protección social que nos igualan no esencial que nos fai humanos e nos poñen a todas nunha horizontalidade socialmente vertebradora, están a traballar arreo para aniquilar de acima para abaixo o estado de dereito, para acabar  co estado de cousas que busca o ben colectivo das súas cidadás.

Hai uns días vivimos na Galiza unha manifestación masiva defendendo e esixindo unha sanidade publica de calidade que nos torne iguais a todas na doenza e na sua abordaxe médica. O discurso do PP e outros neoliberais xa desde hai anos, impélenos a engolir a privada e por aí pulan as políticas económicas da Xunta de Nuñez Feixoo e de Rueda. Desde a súa chegada ao poder hai máis de 10 anos os recursos públicos para a sanidade publica foran drenados en favor da sanidade privada cujo objetivo é o lucro e pouco ou nada importan a saúde comunitarias ou as implicacións na saúde dos novos hábitos de vida, a saúde mental e o suicídio demográfico para o qual estamos caminhando.

O 26 de decembro de 2019 apareceu nas nosas vidas o SARS-COV2, coa súa doenza asociada (COVID-19). A partir de entón un caos de mais de dous anos que arestora, tres anos despois non regresamos de todo a “normalidade”. Aquela “normalidade” na que a morre moita xente por  doenzas evitábeis nos paises menos desenvolvidos (como as derivadas da  falta de potabilización da auga , da mudanza do clima e da fame)  e para os desenvolvidos  foi  unha efémera recordación do principio de realidade. Onde máis xente morreu no primeiro mundo foron nos EUA, Chile ou na rica Lombardia. Países e rexións, onde a xestión da sanidade, a xestión dos sistemas de saúde, está enteiramente en mans privadas. Mas tamén noutros territorios mais perto como Madrid ou  na própria Galiza de Núñez Feijoó, onde as residencias de maiores estaban e  continuan a estar na súa totalidade, controlados polo sector privado.

O mesmo que está a acontecer noutro sector suculento para o mundo das finanzas depredadoras: os sistemas públicos de pensións. Hai uns cantos meses saía en determinados medios de comunicación, que nos EUA o maior fondo privado de pensións esfarelaba deixando milleiros de norteamericanos sen un puto peso para a súa vellez e sen a posibilidade de recuperar os cartos invertidos debido a súa desvalorización. Tremendo. Algo que acontece decote nestes planos de pensións, que son de todo menos rendíbeis para o proletariado mas farturentos para a grande banca.

Porque a cobiza deste sistema económico é tan escandalosa, que outro sector onde as quenllas queren meter dentada xa desde fai anos é na educación. Seguindo con o exemplo da pandemia, os lugares do planeta onde mais dificultade tiveron para que as nenas estudaran en confinamento e mesmo cando rematado, foi naqueles países onde a educación privada dun xeito o doutro era maioritaria e a pública non dimensionada á realidade social, ecónómica e cultural do territorio, nen dotada de recursos adecuados  á sua especificidade.

Con certeza, loitar por sistemas públicos fortes, é loitar pola democracia e a igualdade de todas nós. Loitar por ter uns servizos públicos fortes e de calidade xestionados polas administracións públicas é non perder de vista o que significa a intolerancia e a discriminación e o que delas se deriva en forma de inxustiza. Presevar servizos públicos de calidade é dar sentido á democracia, facendo fronte a aqueles grupos minoritarios, que queren ter uns servizos públicos paralelos e de pagamento, onde quen teña cartos acceda e desfrute deles e quen nom poida, non lle quede outra que as faragullas do sistema. Porque una democracia de beneficiencia non é democracia. Porque, os sistemas públicos garanten os mínimos de igualdade e a equidade dentro dun sistema captialista que tende a agudizar as disparidades de orixe e a repreoducir as desigualdades.  É dicir, non favorecer a unha persoa a troca de danar a outra, non favorecen a unha minoría a costa de prexudicar a maioría, que é o que se busca coa privatización dos sistemas públicos, ben sexan de pensións, sanidade e educación.

En conclusión, non hai sistema privado que poida igualar o sistema público en calquera dos seus eidos. A perversión de manter a costa do público sistemas concertados (en puridade privados con financiamento público) é que fagotiza o sentido último dunha sociedade igualitaria. De mantermo capitalismo e democracia de maos dadas quen perde é a democracia .Por iso vainos na pel ao povo traballador, loitar por un sistema público forte que nos permita decidir. Non hai democracia posible, nen sufraxio universal, democracia representativa, eleicións  libres e xustas e con participación activa das persoas, como cidadás na vida cívica sen a  protección dos direitos civis e humanos de todos os cidadãos igualmente. Porque existe o risco real de acabarmos nunha autocracia fascista para sustentar o capitalismo e os donos do capital. E non seria a primeria vez que o capitalismo aposte  por iso, pois acabaria sendo exposta non como un  adicional à democracia, mas o seu oposto e o seu destruidor. O pode desenfreado do capitalismo está a engolir o restos do público, destruindo asín a seguranza en que se poden basear as relacións humanas produtivas e unha vida digna.Antes de nós e agora as persoas tiveron que loitar para acabar com a escravitude e o comércio de escravos; tiveron que loitar polo voto  e o direito de se reunir  e organizar sindicatos e polo estado de direito contra monarquias e ditaduras. Nen o capitalismo  nen o sector privado non concedeu esas cousas,  tiveron que ser arrancadas das máns do capital e do estado capitalista. Era a lota de clases na que todas estamos a hora de exixir servizos públicos para o ben comú, nun plano horizontal e onde todas nos teñamos uns dereitos sociais asegurados, para deste xeito poder levar unha vida digna e sobre todo, un pouco máis tranquila.

Grazas por leres e colaborares no Ollaparo !

Este sitio usa Akismet para reducir o spam. Aprende como se procesan os datos dos teus comentarios.

off