off
Ciencia — 20 Marzo, 2018 at 12:59 p.m.

Landlands gaña o Abel de matemáticas

by

“Se estás disposto a lelo como pura especulación, ficaría grato. Caso contrario, seguramente terás á mao unha papeleira”. Con estas palabras, o mozo matemático canadense Robert Langlands encabezaba a carta que enviou en 1967 a André Weil, un dos matemáticos máis sobranceiros do século XX. O contido desta carta, modesto e visionario en partes iguais e os desenvolvementos a que conduciran nos últimos 50 anos, foron recoñecidos esta terza-feira pola Academia Noruega de Ciencias e Letras co Premio Abel, dotado con 632.000 euros e considerado equivalente ao Premio Nobel no eido das matemáticas.

A obra vencedora non é un teorema, nen é un deses conxuntos de axiomas, leis e teoremas que son chamados de teorias, mas si un programa: o programa Langlands, un proxecto ambicioso que visa unificar diversos campos da matemática . E é que a famosa carta de Langlands contiña unha série de intuicións e conxecturas que imaxinaba formas de relacionarmos números e aritmética coa análise matemática, unha forma de cálculo abstrato. Ao longo dos anos, algunhas desas conxecturas foran comprobadas. Hai outros que ainda esperan unha demonstración. O que ficou claro, no entanto, é que o contido desa carta ten profundas implicacións en moitos campos da matemática, como as propriedades dos números primos.

One Comment

  1. Vou achegar dúa citas ao respeito diso:
    “Os matemáticos dos séculos XVI, XVII e XVIII recorrían a unha mestura de razoamento deductivo e intuición, impulsados por conxecturas, e aínda que algúns dos seus resultados serían posteriormente vistos como incorrectos, o certo é que constituíu un período sorprendente de grandes descubrimentos. Cando o caudal de novos descubrimentos diminúe, segue un período de análise crítica e de fundamentación.”
    Apostol (Calculus, 1984)

    “Os pensadores medievais estaban atascados nun mundo no que todo se supoñía que servía a un propósito diviño, onde todo se unía nunha realidade estática. En cambio, os pensadores renacentistas querían ser libres para seguir os seus propios pensamentos. Este foi o Zeitgeist, o espíritu do tempo, que Newton expresou”.
    Robin Robertson (Arquetipos junguianos, 1998)

Grazas por leres e colaborares no Ollaparo !

Este sitio emprega Akismet para reducir o spam. Aprende como se procesan os datos dos teus comentarios.

off