off
Ecoloxía — 27 Outubro, 2022 at 11:06 a.m.

É claro que necesitamos máis árbores

by

Adega-Ferrolterra vén de solicitar ao goberno do PSOE na cidade de Ferrol, que leven a cabo o que dias atrás xa solicitara o BNG de Ferrol  no relativo a recuperacion das árbores cortadas entre a Malata e Santa Mariña.

Hoxe en día a ciencia demostrou, que nas cidades onde existe gran cantidade de árbores urbanos e zonas verdes, son zonas onde a saúde quer física quer mental da xente mellora e estase a comprobar, que trastornos como a ansiedade, a depresión o stress, a presión arterial entre outros problemas, redúcense en número e, pola contra, a capacidade de recuperación da persoas ante os problemas físicos ou psicolóxicos aumenta.

As árbores agasállannos unha mellor calidade de vida, mais tamén son importantes para ter un medio ambiente san e nas poboacións onde se fixan estes, están con condicións de obter máis e mellores beneficios em saúde.

As árbores regálannos interesantes favores:

  • Absorben grandes cantidades de dióxido de carbono, co cal, están a favorecer que o efecto do calefactor, que estamos a por na atmosfera sexa menor.
  • Fixan e eliminan partículas contaminantes, co cal, favorecen ter un ambiente menos polucionado.
  • Favorecen a biodiversidade nas cidades mellorando a calidade de vida das persoas.
  • Eliminan o ruído próprio  dos núcleos urbanos.
  • Diminúen o calor en verán e absorben frío en inverno,co cal, as rúas e edificios arredor onde se plantan e medran as árbores  benefician quen nelas transitan e viven.

Desde ADEGA-FERROLTERRA poderíamos seguir escribindo largo e tendido dos beneficios que nos aportan as árbores. Por todo isto desde esta asociación, queriamos pedirlle ao goberno do concello de Ferrol, que faga efectivo o que desde o BNG de Ferrol en días pasados solicitáronlle, de repoñer as árbores que foron cortadas no entorno entre a  Malata e Santa Mariña no paseo peonil paralelo a autoestrada AP9, para volver a ter un corredor verde nesa parte da cidade e xunto a isto, aproveitar esta ocasión para por as especies máis favorecedoras quer desde o punto de vista medioambiental quer desde o punto de vista de adaptación desas especies no entorno, mantemento máis doado e tamén que promovan o deleite paisaxístico e dos lucros que aportan a cidadanía en xeral.

 

Grazas por leres e colaborares no Ollaparo !

Este sitio emprega Akismet para reducir o spam. Aprende como se procesan os datos dos teus comentarios.

off