off
Ecoloxía, Meio ambiente — 28 Agosto, 2022 at 9:13 a.m.

Narón e o modelo Sogama | O lixo todo xunto nun camión

by

Desde ADEGA-Ferrolterra queremos expor o noso malestar e desacougo, ante o novo escándalo na recollida de lixo, esta vez no Concello de Naron, onde se pode ver nun vídeo grabado por un particular e que esta circulando desde fai día polas redes sociais, pode verse repito, como o camión do lixo mixtura o colector verde o colector amarelo e o do papel, todo xunto no mesmo tanque do camión. Isto inimaxinábel noutro pais da nosa contorna, ven a darnos a razón ao ecoloxismo galego, de que o modelo actual de recollida e tratamento do lixo no noso pais e obsoleto e caduco, proprio de tempos pretéritos, mais é moi rendíbel e beneficioso para as grandes multinacionais e ao mesmo tempo, ruinoso e nefasto para o medio ambiente e a cidadanía.Em suma, uma fraude.

O modelo actual representado por SOGAMA prioriza a incineración en vez da reciclaxe, beneficiando a SOGAMA e a determinadas empresas envasadoras. SOGAMA en 20 anos de funcionamento, soamente recuperou un 10% dos envases xerados e soamente recicla un 3% dos residuos que recibe . Isto indica o fracaso do sistema de colector amarelo de SOGAMA. Em EUROPA xa ha multitude de concellos onde se estase a conseguir taxas de reciclaxe entre o 60-80% dos residuos. Na Galiza o que esta a fazer SOGAMA, é eliminar os vertedoiros em terra e traspasalos a atmosfera coa incineración, coa conseguinte produción de gases de efecto invernadoiro e a produción de grandes cantidades de cinzas e escouras altamente contaminantes. Ademais o modelo actual de recollida do lixo, obriga a mesturar moitos tipos de residuos diferentes, o que impide unha boa recuperación, xunto que gran parte do lixo nom chega debidamente os colectores xa que, os consumidores nom nos beneficiamos do reciclaxe e em moitos casos, aínda que o consumidor aposte pola separación esta moitas veces nom se realiza de xeito adecuado. Em contraposición nos países nórdicos e algúns centroeuropeos, estase implantando o sistema  de depósito devolución e retorno, onde o consumidor paga unha taxa cando merca e se lle devolve cando retorna o envase, o que esta a conseguir taxas de 90% de reciclaxe. Do modelo actual na GALIZA outra das partes quen sae beneficiada e ECOEMBES da que forman parte grandes multinacionais da alimentación como DANONE -BIMBO-CAMPOFRIO ECT.. e cadeas da distribución de alimentos como ALCAMPO CARREFOUR ECT… chegando a facturar no 2017 cerca dos 530 millóns de € co negocio do lixo. Cabe sinalar que neste país ate perto dos anos 90 do século pasado o sistema para a maioría dos envases de cristal era o de: Depósito-devolución- retorno

Desde ADEGA-FERROLTERRA SOLICITAMOS ao goberno de Narón e concretamente a súa alcaldesa que:

  • Sancione exemplarmente a empresa adxudicataria da recollida do lixo e investigue se isto era moeda de cambio, no día a día deste servizo.
  • Que aposte por outros sistemas alternativos de recollida de lixo desbotando de unha vez para sempre o colector, o cal, é un sistema totalmente deficitario para o correcta xestión do lixo.
  • Que aposte polo compostaxe sobre todo nos barrios, montando composteiros con súa mestra composteira, para que a veciñanza poida depositar o orgánico e obter compost para as súas plantas, hortas ou os xardíns municipais propios do barrio.
  • Que sendo Narón-Galiza un lugar dentro da Europa occidental, desbotemos de unha vez por todas o modelo Sogama e apostemos por outros modelos, que xa están triunfando en determinados paises da UE xunto con lugares de Euskalerria- Catalunya ou País Valencià.
  • Que remunicipalize o servizo do lixo, xa que esta é a única maneira de ter un servizo óptimo para o medio ambiente e os intereses da cidadanía

En definitiva desde ADEGA-FERROLTERRA pedimos ao goberno do concello de Narón, que vixíe e penaliza as conductas impropias na recollida do lixo e que empeza a plantexarse, fazer un cambio de modelo, onde o sistema SOGAMA quede como algo propio do medievo.

                                                                       

Grazas por leres e colaborares no Ollaparo !

Este sitio usa Akismet para reducir o spam. Aprende como se procesan os datos dos teus comentarios.

off