off
Ciencia, Meio ambiente — 9 Xuño, 2015 at 9:58 a.m.

O pronunciamento do G-7 sobre a mudanza climática é o do G-8 de 2009

by
O pronunciamento do  G-7 sobre a mudanza climática tería sido unha boa nova se non fose porque é un posicionamento calcado dos motivos expostos na declaración solemene do  G-8 (agrupa aos sete países países máis industrializados do mundo e máis a Rusia)  de Aquila en 2009.
Quer dicer, unha ratificación do obxectivo exposto polos científicos de reducción entre un 40% e  un 70% das emisións de gases de efecto invernadoiro contra 2050 en relación ao 2010. A vontade de mobilizar os recursos económicos prometidos e o chamado a un acordo con alicerce legal este ano en París. Un déjà vu  dos acordos que precederon  ao fracaso da  Cimeira de Copenhaguen.

One Comment

  1. O G7 é como un partido de futbol de Messi e amigos. Messi sería Estados Unidos e o resto son potencias aliadas deste. Alemania, Italia, UK, Canadá… non se pode tomar unha decisión mundial hoxe sen considerar a China, Brasil, Rusia, India,… Isto ten que ver moito coa repartición do mundo despois da 2ªG.M. que deixou a USA como potencia hexemónica. Era a única que podía facer varias guerras á vez e chegar a tódolos conflictos que se lle puxeran diante. Iso agora USA xa non o pode facer. O mundo xa é de facto multipolar e USA é unha potencia rexional mais. O G7 xa non pinta nada se non ten en conta ós BRICS co cal o que decidan pouco ten de importante a nivel global.

Grazas por leres e colaborares no Ollaparo !

Este sitio emprega Akismet para reducir o spam. Aprende como se procesan os datos dos teus comentarios.

off