off
Ciencia — 15 Maio, 2013 at 6:02 p.m.

Científicos consiguen clonar células embrionarias humanas

by

Un equipo de investigadores norteamericanos conseguiron por primeira vez  a clonación humana con fins terapéuticos ao extraer células embrionarias coa técnica  da transferencia nuclear, a mesma que se empregou coa ovella Dolly, segundo un artigo publicado esta cuarta na revista Cell . Os investigadores da Universidade da Saúde e da Ciencia de Oregón dirixidos por Shoukhrat Mitalipov, empregaron un óvulo dunha muller sá, extraéndolle o núcleo e inseríndolle o núcleo dunha célula da pel dun pacente adulto.  Coa axuda da electroestimulación, conseguiron un embrión do que se poideron derivar as células nai. O artigo explica que “as células nai acadadas con esta técnica teñen capacidade de tornarse, igual que as células normais do embrión, en diferentes tipus de células”, poñendo de relevo que  “como as células reprogramadas poden xerarse con material xenético do mesmo pacente, non hai risco de rexeitamento nun transplante”.

 

Grazas por leres e colaborares no Ollaparo !

Este sitio emprega Akismet para reducir o spam. Aprende como se procesan os datos dos teus comentarios.

off