off
Ciencia, Saúde — 4 Marzo, 2013 at 11:49 a.m.

Un estudo poboacional sinala que a crise hipotecaria pode ter efectos adversos na saúde mental da poboación dos EUA.

by

Mália haber un número importante de fogares nos EU que sofriron unha execución hipotecaria dende 2008, os efectos da execución dunha hipoteca sobre a saúde mental son descoñecidos. Este estudo  prospectivo publicado en xullo de 2012 debulla os efectos da execución hipotecaria na sintomatoloxía psiquiátrica atraveso dunha enquisa de base poboacional achegando a primeira evidencia de potencial  vincallo da execución hipotecària na aparición de problemas de saúde mental. É probábel, contodo, que aumente o risco dunha variedade de transtornos mentais e outros problemas de saúde, incluindo non apenas a depresión  e ansiedade, mais tamén o abuso de substancias.

A alta taxa de execución hipotecària desde 2008 apunta que a crise hipotecaria pode ter efectos adversos na saúde mental da poboación dos EUA.

As altas taxas de desemprego, as dificuldades financeiras e a falta de cobertura de seguro de saúde poden limitar  o  acesso aos servizos de saúde mental aumentando aínda máis os riscos de saúde mental inducidos pola execución hipotecaria. Alén diso, o empréstimo predatório  especificamente direcionado a áreas de baixa renda, con altas concentración de minorias raciais  poderían  agravar os problemas de saúde nos segmentos mais desfavorecidos da poboación. Estes resultados combinados coa alta taxa de enxecución hipotecaria desde 2008, suxeren que a crise da execución hipotecária poderia ter efeitos adversos sobre a saúde mental da poboación dos EUA.


McLaughlin, K. A., Nandi, A., Keyes, K. M., Uddin, M., Aiello, A. E., Galea, S., & Koenen, K. C. (2012). Home foreclosure and risk of psychiatric morbidity during the recent financial crisis. Psychological Medicine, 42(07), 1441-1448. Doi:10.1017/S0033291711002613

One Comment

  1. Non son de estrañar os resultados do estudo. A diferencia do que acontece con outras consecuencias da crise, os desafiuzamentos atacan directamente a aquilo máis íntimo das persoas: a súa identidade, o seu autoconcepto, aquilo que elas son e ó que pertencen. A casa non son só as catro paredes e o tellado senon que ven a representar quenes somos, cómo nos presentamos ó mundo e onde nos acobillamos.
    A desposesión da casa ven a ser daquela unha das agresions máis fortes que un individuo ou unha familia poden sofrer.
    Como bibliografía científica acompañante e crónica do desamparo non está de máis repasar as novelas de Dickens ou os poemas de Rosalía e Curros.

Grazas por leres e colaborares no Ollaparo !

Este sitio emprega Akismet para reducir o spam. Aprende como se procesan os datos dos teus comentarios.

off