off
Europa, Movementos sociais, Politica internacional — 15 Febreiro, 2014 at 7:50 p.m.

Unha oportunidade para avanzar na construción dunha Europa dos pobos

by

Xavier Vence, Oportavoz nacional do BNG, declarou na clausura  da XII Asemblea Xeral da Alianza Libre Europea (ALE)  que as eleccións europeas do 25 de maio son unha oportunidade para avanzar na construción dunha Europa dos pobos en detrimento da Europa dos estados, para territorios como Galiza, Catalunya, Euskadi, Flandes ou Escocia.

A segunda xornada da asemblea da ALE coincidiu  coa celebración dunha conferencia política do BNG que inaugurou o propio  Xavier Vence, e que tamén contou coa participación do eurodeputado de Europa dos Pobos, Iñaki Irazabalbeitia, o secretario de Política Internacional de ERC, Jordi Solé, e a eurodeputada nesta lexislatura, Ana Miranda.

O economista e dirixente do BNG referiuse  ao lema da asemblea, Tempo de autodeterminación, non só como unha aspiración democrática, mas pola súa “funcionalidade”.

 

 

“A soberanía de Galiza, Euskadi ou Catalunya é tamén unha camiño de simplificación dos absurdos cinco niveis administrativos do Estado español que son fonte de ineficiencia e de gasto innecesario, que deben ser suprimidos. Unha forma de facelo é a través da presenza directa dos nosos países na Unión Europea”, afirmou.

 

 

Vence explicou que a candidatura do BNG ás europeas “está sendo debatida agora por toda a militancia porque somos unha organización democrática na que cada militante ten opinión, criterio propio e voto”. A candidatura final do Bloque aos comicios do 25 de maio “será a que finalmente decidan todos os militantes da nosa organización a través de procesos democráticos nas asembleas”.

Grazas por leres e colaborares no Ollaparo !

Este sitio emprega Akismet para reducir o spam. Aprende como se procesan os datos dos teus comentarios.

off