off
Politica internacional — 21 Novembro, 2012 at 1:31 p.m.

Palestina 1946-2010

by

 

“As nais non crian aos seus fillos para que sexan terroristas”. E non serán os millóns de dólares de axuda dos EEUU a Israel os que están a crear terroristas ?”

 

O cartaz  presenta catro mapas de Palestina / Israel de 1946 a 2010 na que semella representar a expansión de Israel  a conta dos palestinos.  Esta representación foi patrocinada por Henry Clifford, que co-preside a Comisión para a Paz en Israel e Palestina (COPIP).

Henry Clifford  é un activista anti-Israel con sede en Rye, Nova York e co-presidente dun pequeno grupo  anti-Israel  chamado  Comité para a Paz en Israel e Palestina (COPIP).  O COPIP ten desenvolvido campañas com Jewish Voice for Peace  a prol da desinvestimento  en empresas que supostamente axudan a mantener a ocupación de Israel e a conferencia Boicot  Desinvestimento e  Sancións (BDS)  que tivo lugar na Universidade de Pensilvania, en febreiro de 2012.

O chamado, asiando por Henry Clifford, con data de maio de 2011,   rebate o coñecido mantra dos que se refiren a Palestina como “terrorista” e non como producto da política inhumana do rexime sionista.  Dí: “As nais non crian aos seus fillos para que sexan terroristas”. ¿ E non serán os millóns de dólares de axuda dos EEUU a Israel os que están a crear terroristas ?”

O cartaz presenta catro mapas que amosan o estado da terra de Palestina en 1946, o plano de partición de 1947 das Nacións Unidas, as terras ocupadas chamadas “Israel” antes da Guerra dos Seis Días de 1967, e Israel en 2010, engadindo tamén os  territorios palestinos “ocupados”.

Porén, nen  barbarie nen os muros de violencia se poden resumir en catro mapas.

 

 

Grazas por leres e colaborares no Ollaparo !

Este sitio emprega Akismet para reducir o spam. Aprende como se procesan os datos dos teus comentarios.

off