off
Arte, Poesía — 18 Decembro, 2013 at 6:42 a.m.

Medre o Mar ! Lugrís no maxín

by

Organizado polo colectivo literario In Nave Civitas xunto coa Asociación de Escritores e Escritoras en Lingua Galega e do Museo de Belas Artes,A Coruña celebará o 21 de decembro a cuarta edición o día de Urbano Lugrís. Coincidindo coas datas de Nadal, preséntase como unha boa oportunidade para revisitar a obra do “pintor do mar”. No Museo de Belas Artes poderase ver  o mural “Visión da Coruña, 1830”; unha obra que Lugrís pintou na parede da casa dun familiar en Madrid e que agora volta  á Coruña

Pasarúas surrealista

O sábado hase completar In Nave Civitas, a partir das seis da tarde. O obradoiro de paraugas pintados trasladarase  ao adro do museo; xa no interior, o poeta berciano Rodrigo Osorio dará a benvida ao mural coa oda A Arribada, composta especialmente para ocasión. De aquí sairán os paraugas, en manifestación surrealista, polas rúas da Pescadería até a Praza de Sellier, onde se realizará un recital poético aberto a todos aqueles que queiran participar coa súa palabra neste feliz retorno dunha obra Urbano Lugrís á cidade da Coruña.

Grazas por leres e colaborares no Ollaparo !

Este sitio emprega Akismet para reducir o spam. Aprende como se procesan os datos dos teus comentarios.

off