off
Literatura — 17 Maio, 2013 at 12:39 p.m.

O naríz vermello

by

O Caramuxo tamén lle puxo un nariz vermello. É un  naríz dadá.  Un antollo de deuses. Só os deuses que fornecen sentido són quen de levaren  naríz vermello. O naríz do bufón con ciática que acubillou na Catedral (“Sen ir máis lonxe”) é o naríz de quen se quer libre. Como a palabra apegada á realidade máis próxima, simboliza a queda do engano: é o autoescrache e o escarnio da dócil psique do cotiá que doadamente se deixa levar polo dado. Gostaba do miúdo e dos outros, das criaturas e dos animaliños, dos papalagui e das pegadas dos anxeliños satánicos. Animaliños para  nos traeren sentido, pegadas para transparecer o espírito no caos. Velaí o que  Vidal Bolaño nos presenta, nunha absoluta simultaneidade coas tendencias de hogano. Vangarda existencial e autodesinhibición que pon en causa as mentiras do suxeito e o desaforado pulo prometeico do seu proxecto. Desatinos dun Eu que acreditando ser señor do mundo  non fai máis ca tornarse o seu súbdito. Ese home que acredita non facer parte da natureza, pretendendo sobardala para facer o que lle peta porque daquel soño fixo unha fe en lugar dunha sátira, porque pensou que  onde había racionalidade non había desemesura e, portanto, todo era posíbel se tiñamos coartada racional. O naríz vermello é o punto cego que amosa o “fracaso” da seriedade racional.  É a cegueira refulxente e produtiva que nos recorda que a teima en negar a interdependencia humana esquece que a vida social é o modo natural de sermos  humanos.

Ao cabo, enxergar o desexo de existir dun xeito incondicional e absoluto, alén das esixencias da vida cos outros, leva ao descontrol da vontade de poder. O desasosego próprio da vida humana tórnase asín unha doenza.  O teatro de Vidal Bolaño festexa a vida sendo o alento desesperadamente agudo, dadaísmo primixenio que vai do escarnio e a autocaricatura grotesca á oración expresionista que se torna poética teatral ao servizo da desmitificación ou “como trocar en rato pequecho o máis grande xigantón”.

Para saber máis:

2 Comments

  1. Precisamos teatro a esportas para descobrir aos que están a usurpar o nobel oficio de bufón… A dereita nunca entenderá o teatro, próelles.

  2. Que ben falas. Eu nos meus tempos mozos coñecín a Vidal Bolaño, nas manis independentistas, sempre se acordaba dos presos galegos, ademais

Grazas por leres e colaborares no Ollaparo !

Este sitio emprega Akismet para reducir o spam. Aprende como se procesan os datos dos teus comentarios.

off