off
Galiza, Língua, Literatura, Música — 10 Abril, 2019 at 9:25 a.m.

Nova actividade interactiva da #PrimaveradasLetras de #AntonioFraguas #LetrasGalegas2019

by

As abondosas achegas sobre literatura oral de Galicia nas que Antonio Fraguas traballou, especialmente as dedicadas ás cantigas, teñen o seu espazo na nova edición de Primavera das Letras, a porta que a Real Academia Galega abriu en 2016 pensando na cativada de educación infantil e primaria, e mais nos mestres e mestras que traballan neste nivel educativo,achegando  documentación interactiva e fichas  didácticas.

 

Antonio Fraguas (Loureiro, Cotobade, 1905 – Santiago de Compostela, 1999) é o protagonista do Día das Letras Galegas de 2019. A Real Academia Galega elixiu nesta ocasión un home que traballou arreo para difundir os tesouros que herdamos dos galegos e galegas que nos precederon: a lingua e a cultura popular. A súa vida é un exemplo de paixón polo coñecemento e polo país.

 

 


Para saber máis

Biografía elaborada polo académico correspondente Clodio González Pérez para o sitio web da Real Academia Galega: www.academia.gal

Grazas por leres e colaborares no Ollaparo !

Este sitio emprega Akismet para reducir o spam. Aprende como se procesan os datos dos teus comentarios.

off