off
Galiza, Literatura, Livros — 10 Xuño, 2020 at 11:48 a.m.

Feiras do Libro de Galicia para 2020

by

Compostela, acollerá a primeira das feiras os días 13 e 21 de xuño na alameda, co pregón inaugural a cargo de María Solar sob o lema “Non contaxian pero enganchan. As feiras desenvolveranse en 9 conellos fronte ás 16 do pasado ano. Edicións Xerais anunciou xa o seu programa de presentacións para a cita na capital de Galiza

Canda a Compostela apenas Vigo, entre o 25 de xuño e o 4 de xullo, e A Coruña, que se desenvolverá do 1 ao 10 de agosto son as únicas citas que teñen unha duración dunha semana ou superior. De catro días serán as feiras en Ponteareas (9 a 12 de xullo), Redondela (16 a 19 de xullo), Rianxo (23 a 26), Foz (20 a 23 de agosto), Monforte (26 a 29) e Ourense (9 a 12 de outubro). Verín, Ferrol, O Porriño, Celanova, Ribeira, Cambados e Viveiro son os concellos que fican fora do calendario este ano.

Grazas por leres e colaborares no Ollaparo !

Este sitio emprega Akismet para reducir o spam. Aprende como se procesan os datos dos teus comentarios.

off