off
Literatura, Obituário — 13 Abril, 2015 at 10:17 a.m.

Morreron Galeano e Grass

by

Capa-Liberation_ollaparo_14_04_2015

O alemán Günter Grass finou este luns nun hospital de Lübecker, segunda informa ‘Spiegel’. Grass, nado en Gdańsk en outubro de 1927, foi unha das figuras principais da literatura alemana da segunda metade do s. XX. Gañou o  Nobel de literatura en 1999, e entre as súas obras salientan ‘ “Die Blechtrommel” (O tambor, 1956), ‘O gato e a rata, ‘Anos de cadelo’,  e o controvertido libro de memorias “Descascando a cebola“. Ademáis da obra de ficción, Grass estudou Belas Artes den Berlín e desenvolveu unha intensa actividade ensaística, con libros sobre a situación de Alemaña logo da queda do muro de Berlin.O Nobel da Literatura presentaba regularmente a sua obra plástica no Algarve, onde tiña casa en Portimão, onde expuña a sua obra como artista plástico no Centro Cultural de São Lourenço, en Almancil, e era próximo de Saramago, cuxa obra ilustrou. Até o discurso do Nobel foi parcialmente escrito en Portugal.

Recentemente  o mundo ficou pasmado coa declaración de Grass, no seu derradeiro libro “Descascando a cebola“, de carácter autobiográfico, de sua participación  como membro das Waffen-SS (tropa de elite do exército do Reich).

O uruguaio Eduardo Galeano morreu aos 74 anos en Montevideo. Galeano estaba internado por un cancro no pulmón elpais_uruguay_ollaparo_14_04_2015nunha  clínica de Montevideu e faleceu as 8h20 da mañá de segunda-feira.  A obra esencial do escrito uruguaio é  o ensaio ‘Las venas abiertas de América Latina’, unha obra na que denuncia a explotación a que foi sometido o continente dende a colonización europea até os anos 70, ano en que foi publicada.Galeano escrebeu cerca de 40 libros, mas o seu título mais famoso continua a ser As Veias da América Latina , publicado cando o autor tiña 31 anos.

Galeano foi punido con prisión despois do golpe de estado de Videla no Urugai en 1973 a causa da súa  participación en movimentos marxistas, e exiliou para evitar os escadróns da morte, primeiro en Arxentina e logo en Barcelona, onde escribiu a triloxia ‘Memoria del fuego’. Voltou ao Uruguai en 1985. Galeano deixou dito “O deber dun cidadán é manter a boca aberta”

One Comment

  1. Dúas grandes perdas. Abàfame a mágoa. Descansen en paz

Grazas por leres e colaborares no Ollaparo !

Este sitio emprega Akismet para reducir o spam. Aprende como se procesan os datos dos teus comentarios.

off