off
COVID-19, Politica espanhola, Saúde — 21 Marzo, 2020 at 10:15 p.m.

Sánchez afirma ter adoptado “as medidas máis duras e drásticas de Europa e do mundo” e afirma que segue as directrices da OMS.

by

O presidente español, Pedro Sánchez, compareceu para actualizar as medidas sobre o estado de alarma para a crise do coronavirus,porém nada dixo de parar toda a produción non esencial, fechar Madrid e os principais focos ou se está en marcha a produción extraordinaria de insumos sanitarios.

Fotograma capturado do sinal institucional de Moncloa da conferência de imprensa, hoxe sábado, do presidente do Gobernoobierno Pedro Sánchez na que informa da situación trás e sétimo día do estado de alarme poa crise do coronavirus. EFE/Moncloa

21,51
Sánchez: “Ninguén no meu goberno  polemizará con ningunha administración”.

21.50
Sánchez di que “os que din que é a peor situación desde Segunda Guerra Mundial, probablemente teñen razón”.

21.46
Sánchez láiase que a xente “consuma noticias enganosas, acapare produtos freneticamente” e omita as restricións e acha que é “indisciplina social”.

21.43
Sánchez anuncia que o exército español realizará “tarefas de desinfección” a partires de mañá en residencias de anciáns en Madrid.

21.40
Sánchez gabase do aumento do uso de Internet e a redución do tráfico e a delincuencia e agradeceo “as forzas de seguridade e as forzas armadas”.

21.35
Sánchez: “As liñas de acción deben ser cambiadas cando non sexan efectivas”.

21.30
Sánchez: “Fixemos que impacto do virus non for uniforme en todo o territorio”.

21.29
Sánchez afirma ter tomado “as medidas máis duras e máis estritas de Europa e do mundo” e asegura que segue as directrices da OMS.

21.27
Sánchez: “Houbo países que escolleron non parar a propagación do virus, a pesar do elevado custo das vidas humanas que implica. Agora saben que é insustentábel”

21.25
Sánchez: “Necesitamos termos tempo para afortalar o sistema sanitario e para que a ciencia poida atopar fármacos efectivos”.

21.23
Sánchez: “Só pasaron sete días, mas sete días que o mudaron tido de arriba abaixo”. Dá condolencias a aqueles que perderan amigos ou familiares e agradece o servizo de traballadores e persoal sanitario”.

Grazas por leres e colaborares no Ollaparo !

Este sitio emprega Akismet para reducir o spam. Aprende como se procesan os datos dos teus comentarios.

off