off
Cedeira, Galiza, Música, Saúde — 7 Maio, 2020 at 6:33 a.m.

Comunicado de Discalz@s polo Festival

by
Ola Discalz@s,

Primeiro de nada, esperamos que esteades tod@s ben e levando toda esta situación da mellor maneira posible.
Dende hai xa unhas semanas, vénsenos preguntando si vemos posible a celebración do Discalz@s Polo Festival neste ano, xa que moitos outros festivais e eventos musicais veñen anunciando as súas cancelacións, incluso para datas máis alá do verán.
Hai varios motivos polos que nós non nos pronunciamos aínda sobre o futuro da vindeira edición do festival ou de outros eventos que facemos.
O primeiro deles, é que de momento hai moita incerteza de como vai a evolucionar esta situación que vivimos, ata que punto serán efectivas as medidas que se están a tomar? afectará o clima do verán de maneira significativa? e moitas outras preguntas que nos facemos e das que de momento non coñecemos a resposta.
O segundo motivo é que somos coñecedores de que o brote da COVID-19, é un gran problema de saúde pública, pero que tamén vai a ter consecuencias no ámbito económico. Sectores como o da cultura e o do turismo e a hostalería, que tanto peso teñen no nosa comarca e na nos comunidade, prevese que sexan dos máis afectados.
Dende a nosa humildade, sen ser os nosos eventos grandes motores económicos, sabemos que si teñen repercusións positivas para os negocios locais do pobo de Cedeira, e para sector cultural galego.
A nosa prioridade vai ser a sempre a de garantir a seguridade de calquera persoa implicada na celebración dos nosos eventos, dende os grupos musicais ata o público asistente, e por suposto en xeral a de todo o pobo de Cedeira.
O camiño máis sinxelo para nós sería o de suspender todos os eventos e agardar que o ano que ven todo teña volto á normalidade. Non obstante, sentimos que máis que nunca debemos estar ao lado do sector cultural e de toda esa xente dos negocios locais que tanto nos leva apoiado na nosa andadura.
Polo tanto, mentres exista algunha posibilidade de que podamos volver a encher de música as prazas, as rúas ou calquera recuncho do noso pobo, @s Discalz@s non desistiremos.
Esperamos volvervos a ver axiña e con boas novas para tod@s.
Saúdos
Asociación Cultural Discalz@s Polo Festival

Grazas por leres e colaborares no Ollaparo !

Este sitio emprega Akismet para reducir o spam. Aprende como se procesan os datos dos teus comentarios.

off