off
COVID-19, Galiza, Saúde — 15 Abril, 2020 at 11:08 a.m.

391 mortos en Galiza

by

No mundo xa hai máis de 2 millóns de contaxios

Os últimas foron 5 mortes en residencias de maiores, que suman 92, segundo datos do Sergas. Outras 82 persoas vinculadas a centros residenciais que morreran en hospitais, ou en residencias integradas; co que o total de falecidos vinculados a centros residenciais é de 174. 50.396 test de coronavirus PCR foron realizados até hoxe.299 mortos en hospitais que foran notificados até o momento, ao que hai que sumar a morte de 5 residentes de centros de maiores na terza-feira (e que comunicaron hoxe): dous na residencia DomusVi San Lázaro, de Santiago de Compostela; un na residencia DomusVi de Cangas; outro na residencia DomusVi Matogrande (A Coruña); e outro na residencia de Foz (Lugo).

Casos activos de coronavirus en Galiza 1.280 corresponden á área da Coruña; 1.193 á de Ourense; 1.085 á de Vigo; 1.029 á de Santiago; 589 á de Lugo; 505 á de Pontevedra e 338 á de Ferrol.

Desde o inicio do andazo, morreron 20 maiores dentro do centro DomusVi de San Lázaro, 18 no DomusVi de Cangas, outros 18 na residencia A nosa Señora da Esperanza, 10 na DomusVi do barrio vigués de Barreiro, e tres na residencia Moledo (Vigo).; 7 no Portazgo (A Coruña), un no Fogar Bellolar, outro na residencia de Castro Caldelas, un máis en Remanso Claudina-Somoza (A Coruña), 3 na DomusVi Matogrande (A Coruña), un na Caser A Zapateira (Culleredo), un en San Carlos de Celanova, dous na residencia Divino Mestre (Ourense), un na residencia San Pedro de Crecente, dúas nas Fragas de Pontedeume, un na residencia de Bande, un na de Foz e outro na nosa Señora de Fátima (Barco de Valdeorras).

Até o momento en Galiza rexistráronse 1.298 altas de pacientes, o que supón 58 máis que as 1.240 contabilizadas este onte, e 391 mortes, segundo os datos trasladados polo Sergas.

 

Grazas por leres e colaborares no Ollaparo !

Este sitio usa Akismet para reducir o spam. Aprende como se procesan os datos dos teus comentarios.

off