off
COVID-19, Galiza, Saúde — 26 Abril, 2020 at 6:14 a.m.

Por primeira vez máis de medio milleiro de persoas falecidas polo coronavirus en Galiza

by

O 25 de abril, 184 novos casos da covid-19 foran detectados e os positivos activos son 6.824, 120 máis que no día anteriorr; 1.783 altas, no primeiro día con incremento de persoas na UCI dende o 4 de abril.  509 mortos tras rexistrar Sanidade once máis; deles, 8 eran persoas que viviran en residencias e os falecementos nelas superan o 46% do total.
A Xunta só está a informar oficialmente das probas PCR que fai, sen especificar os test rápidos e os seus resultados como fan outras autonomias[ver tamén GCiencia]

Abondosas críticas pola falta de transparencia do Servizo Galego de Saúde á hora de comunicar os datos. Primeiro,perante a inquedanza xerada, foron numerosos alcaldes que denunciaron a falta de datos a nivel municipal dos andazos. Neste sentido, comunidades como Asturias, Castilla y León, Euskadi ou Cataluña ofrecen estes datos decote. Satse Galicia publicou esra semana, o mesmo día no que se iniciaba a recollida de mostras, un comunicado no que afirma que “a precipitación por parte do Sergas está provocando un gran malestar entre as profesionais de enfermaría, que desconocen, a día de hoxe, como se vai desenvolver, e en que forma, dito estudo.Segundo segundo recolle o xornal Praza, a Sociedade Galega de Medicina Familiar e Comunitaria, tamén criticou a falta de previsión para desenvolver este estudo en Galicia, que se sumará ao previsto anteriormente polo Goberno estatal.

One Comment

  1. 500 mortes por primeira e última vez porque o dato é o número total e por desgraza ninguén revive para que volte a 499 e despois volva crecer a 500. Tal como está redactado o titular, semella que chegaramos a 500 mortes diarias o cal sería unha cifra máis relevante. Non sei se aínda así superaría ás provocadas pola contaminación atmosférica. En Madrid, o parón seguro que salvou moitas máis vidas das que provocou este virus. En China, a cifra de vidas salvadas e 25 veces superior ás mortes (da cifras oficiais, eso sí). Moitas máis mortes vai provocar a crise económica pero para esto tamén se aplana a curva, neste caso a do malestar e o descontento.

Grazas por leres e colaborares no Ollaparo !

Este sitio usa Akismet para reducir o spam. Aprende como se procesan os datos dos teus comentarios.

off