off
COVID-19, Editorial, Galiza, Politica espanhola, Saúde — 12 Marzo, 2020 at 7:31 p.m.

Coronavirus: responsabilidade, solidariedade, autogoberno

by

Hogano, a situación é máis preocupante do que grave, mas non hai dúbida que o chimpo ha chegar e o cenario para os próximos días irá a pior. O coronavirus é unha pandemia que xa foi declarada pola OMS despois de que o número de casos fóra de China -non é paradoxal que o país asiático xa esté en fase de contención agás se continue teimando no prexuizo ideolóxico- en dúas semanas aumentou en 13 o número de países afectados. Os diferentes gobernos recomendan calma e siso, fan ben, con certeza, xa que as persoa pouco mais podemos facer que confiar no que recomendan. Porén, cómpre lembrar que a relativa excepcionalidade das medidas adoptadas até agora son limiar das máis drásticas que virán.

Agora, en grande parte, faise o apelo a responsabilidade individual, de como cada un de nós adaptar os seu hábitos e comportamentos a limitacions que impón crise sanitària actual.Ollar alén nós sen deixar de ollar aquén nós.É xustamente esta perspectiva comunitària a que non se tivo plenamente en conta até que non houbo mais remedio, a conciencia de que o ben comun é saber axir conforme non estamos sós. Milloremos a reacción solidaria da sociedade galega ante a desfeita do Prestige ou os ante os incendios.

 

Alén diso, cómpre esixir á Xunta e ao goberno do estado que actúen con dilixencia, poñendo máis recursos onde sexan necesarios para atallar o contaxio de extensión. É dicir, no sistema sanitario público, a primeira liña de combate nesta crise. Durante un tempo teran que esquecer o dogma do déficit, segundo recoñeceu Angela Merkel. Médicas, enfermeiras e persoal administrativo deben saber que terán o que precisan e que tamén teñen o noso total apoio e comprensión.Non poden faltar máscaras e outros materiais de protección nos hospitais nen os andeis dos supermercados ficaren baleiros. Do mesmo xeito que a sociedade está a responder con siso e madurez, procurando alternativas para minimizar o risco de contaxio, os nosos gobernantes deben probar agora que están polo ben común. É hora de solidariedade individual, mas sobre todo de responsabilidade e xestión rigorosa dos servizos publicos e privados subvencionados con cartos públicos.

A Xunta debe tomar rexas decisións sobre saúde antes de que sexa tarde de máis e evolucione a fase catro. Italia talvez cometeu o erro da gradacion nas medidas de contención. Dinamarca e Noruega optaran por medidas drástica limitando o uso do transporte público e aprobaran unha lexislación para obrigar o feche do comercio.A Dinamarca só rexistrou perto de trinta casos de persoas infectadas e agora supera os 600. En Galiza neste momento 64  casos segundo datos deste xoves pola tarde. 5 están hospitalizados en unidades de coidados intensivos, 14 en unidades de hospitalización e 45 están nos seus fogares. En 26 destes casos, aínda está a recibir a confirmación oficial do laboratorio de referencia, até o momento non se rexistraron mortes. A única morte por coronavirus ata o momento nos países nórdicos produciuse o mércores en Suecia, unha persoa maior que estaba ingresada nun hospital de Estocolmo e que tiña doenzas anteriores.

A primeira fase é non ter casos; o segundo, ter illados; a terceira, ter grupos de contaxio controlados, como acontece agora en Galiza. A cuarta é cando xa existe transmisión comunitaria, na que non se pode saber a quen se lle atribúe a doenza, polo que o sistema sanitario está en perigo de colapsarse ao non pode tratar o gran número de casos desencadeados.

Noentanto, o noso goberno non semella ter interiorizado que ten competencias de saúde e debe exercelas con plena autonomía para defender a saúde dos cidadáns. E o que, se cadrar,  é mais abraiante, que o goberno español non teña en conta o modelo chinés de contención sanitaria,o que conta con maior evidencia até o de agora. Que non albisque socializar a saúde privada por razóns de interese común,ao cabo. Non se entende que un partido autodenominado “socialista” e outro que se quer “verdadeiro socialista” non albisquen esa posibilidade socializadora.

Madrid, con só o 14% da poboación en España,ten o 50% dos casos diagnosticados e 65 % de mortes. A pesar disto, o goberno español respondeu ás primeiras críticas ao dicir que non pretende illar “a capital”, como se illou hai días Milán ou Wuhan, seria acaido lembrarmos que cando a cidade chinesa de Wuhan, que conta con dez millóns de habitantes, informou de 550 casos; en Madrid, con tres millóns de habitantes menos, hai máis de mil.

Sería asisado,en fin, ollarmos o modelo chinés e non tanto para o italiano e que a Xunta reclamase ao goberno español medidas drásticas de contención, paralelas ás adoptadas no resto de territorios, que impidan o deslocamento de persoas do lugar onde perderan o control da epidemia, do mesmo xeito que o goberno italiano fixo,xa tarde, con Milán e Venecia.

Mais vale prevenir do que remediar, porén coa crise do COVID-19 ficou claro que os poderes públicos teñen máis medo á reacción da cidadania do que ao propio andazo, reclaman responsabilidade individual mas non son quen de aplicar o que a evidencia científica disponíbel está a sinalar.

Se estamos prestes a entrar nunha crise económica, non é por mor do coronavirus, senón porque vivimos nunha economía na que se priorizaron grandes fluxos económicos en relación coa infraestrutura pública e os dereitos da poboación. Toda morte é tráxica, pero a emerxencia que estamos agora mesmo por mirar máis alá dos mortos que esta pandemia xa provocou. A Unión Europea debe acabar xa coas restriccións de gasto nas políticas de investimento público e arrombar duna vez por todas o xustillo da Lei orgánica de estabilidade orzamentaria e sustentabilidade financeira de 2012.

Grazas por leres e colaborares no Ollaparo !

Este sitio emprega Akismet para reducir o spam. Aprende como se procesan os datos dos teus comentarios.

off