off
COVID-19, Galiza, Saúde, Saúde — 22 Marzo, 2020 at 6:30 a.m.

Xa son 12 as vítimas mortais do COVID-19 na Galiza, que rexistra 721 casos

by

Os últimos datos da Consellería de Sanidade:721 casos positivos, fronte aos 568 do día anterior, mantendo unha suba do 27%.

Segundo fontes sanitarias, faleceron nas últimas horas unha muller de 68 anos de idade e dous homes de 93 e 74 anos. As tres estaban ingresadas no Complexo hospitalario universitario da Coruña (CHUAC) ,todas elas con patoloxías previas.

A Dirección Xeral de Saúde Pública da Consellería de Sanidade informa que, na última actualización, este sábado o número de casos de coronavirus en Galiza ascende a 721, -o Ministerio de Sanidade eleva a cifra a 739- deles 195 son da área da Coruña, 54 da de Lugo, 74 da de Ourense,112 da de Pontevedra, 152 da área de Vigo, 108 da de Santiago, e 26 da de Ferrol.

Grazas por leres e colaborares no Ollaparo !

Este sitio emprega Akismet para reducir o spam. Aprende como se procesan os datos dos teus comentarios.

off