A solicitude de axuda para estes países é especialmente rechamante, dado que a Lombardía ten un goberno de coalición de “centro-dereita” presidido polo político da Lega Norde- partido político da extrema dereita- Attilio Fontana. A urxencia da situación parece que impulsou a administración a aceptar toda a axuda necesaria. China enviou a Italia un avión con 30 toneladas de equipos médicos e un equipo de nove médicos expertos para axudar ao tratamento dos pacientes Covid-19, o segundo país máis afectado polo coronavirus: 21.157 casos e 1.441 mortos. Ante o silencio da UE, Italia viaxou a Pequín para tratar a emerxencia.

A rexión de Lombardía, que é a máis afectada polo coronavirus, solicitou o sábado persoal médico de países como Cuba, Venezuela e China para loitar contra o coronavirus, segundo o ministro rexional de Sanidade, Giulio Gallera. “Como o persoal é un factor crítico, o decreto de lei [que debe aprobar o goberno] inclúe a posibilidade de contratar médicos estranxeiros. Só necesitan estar colexiados no seu país de orixe sen pasar a avaliación de equivalencia”, detallou. A Lombardía contabiliza : 966 mortos, 1660 curados e 9059 curados.
“Se máis de 85 pacientes están ingresados a coidados intensivos todos os días e só saen dous ou tres, está claro que non temos camas suficientes”, dixo, segundo as declaracións recollidas polo xornal italiano La Repubblica.
Nos últimos días as autoridades italianas lamentaron a falta de “solidariedade” dos seus socios europeos. “Italia está nunha situación difícil e a súa experiencia na loita contra o coronavirus probablemente será útil para todos os países da Unión Europea.
O número de mortes no país sitúase en 1.441, un aumento de 175 en 24 horas.O conselleiro rexional de Lombardía dixo que a administración lanzou unha campaña para contratar persoal sanitario e que está en contacto con Cuba, Venezuela e China. De feito, estes dous últimos países xa enviaron algúns médicos ao país transalpino. Pequín mesmo trasladou a Liang Zongan, especialista en reanimación cardiopulmonar, que é o responsable de coordinar os case 40.000 médicos chegados a Wuhan desde todos os recunchos da China durante a emerxencia asiática.









