off
COVID-19, Galiza, Política, Politica espanhola — 14 Marzo, 2020 at 3:42 p.m.

O Goberno estatal limitará a partir da próxima semana a libre circulación da cidadanía

by

O Goberno estatal limitará a partir da próxima segunda feira ás 8 horas a libre circulación da cidadanía de todo o Estado como medida para frear a expansión do coronavirus. Limitaranse todos os deslocamentos agás ir ao traballo, mercar alimentos ou por urxencias. Galiza contabiliza arestora 135 casos segundo o SERGAS.

Segundo un borrador do decreto, que avanzou o Ser, o Estado prohibirá todas as viaxes que non sexan de forza maior e limitará os movementos a:

  1. Adquisición de alimentos, productos farmacéuticos e necesidades básicas
  2. Asistencia a centros de saúde
  3. Viaxar ao lugar de traballo para proporcionar beneficios laborais, profesionais ou empresariais
  4. Voltar ao lugar de residencia habitual
  5. Asistencia e coidado de persoas maiores, menores de idade, dependentes, persoas con discapacidade ou especialmente persoas vulnerables
  6. Transferencia a entidades financeiras
  7. Por causa maior ou situación de necesidade
  8. Calquera outra actividade de natureza similar debidamente xustificada
  9. Persoal estranxeiro acreditado como membros de misións diplomáticas, oficinas consulares e organizacións internacionais

135 contaxios por coronavirus na Galiza

O Servizo Galego de Saúde vén de actualizar os datos referentes aos contaxios por coronaviros e confirma que estes ascenden no territorio galego a 135. A Dirección Xeral de Saúde Pública da Consellaría de Sanidade informou este sábado que, na última actualización feita no día de hoxe, o número de casos confirmados de coronavirus en Galiza acada 135,  55 son da área da Coruña, 7 da de Lugo, 15 da de Ourense, 13 da de Pontevedra, 23 da área de Vigo, 17 da de Santiago de Compostela, e 5 da de Ferrol. Debido ao cambio de protocolo introducido polo Ministerio, infórmase sobre os casos de infección con resultado positivo realizados no noso país.

Soberanía

Catro ministérios, Defensa, Interior, Transporte e Saúde, asumirán o control do Estado abaixo do Presidente español.A intención, segundo o rascuño do decreto, é que todas as medidas que afecten á limitación de movementos teñan efecto o luns 15 de marzo a partir das 8h, tres días despois do anuncio de Sánchez para decretar o estado de alarma, que ten o efecto contrario entre os cidadáns: a alarma estendeuse e moitos supermercados están colapsados con dúbidas sobre o que sucederá, tamén moitos residentes madrileños – onde se rexistran máis casos de coronavirus, case 3.000 confirmados e 3.618 baixo sospeita – optaron por abandonar a cidade e trasladarse a confinamentos en segundas casas da costa. O resto das medidas entrarán en vigor a partir da publicación do real decreto no Boletín Oficial do Estado (BOE).

Grazas por leres e colaborares no Ollaparo !

Este sitio emprega Akismet para reducir o spam. Aprende como se procesan os datos dos teus comentarios.

off