off
Cedeira, Editorial, Estado, Política local — 21 Abril, 2016 at 08:32

O excalde Leopoldo Rubido recibe a encomienda de Afonso X polos servizos prestados á dereita española desde o franquismo

por Editorial

A posteridade é como o BOE.  Transforma a un individuo en destino, inventa vidas exitosas malia ser lido por unha presa de letrados, nin sequera por aqueles que propagan a adulación.  Quen fora rexedor da cámara municipal de Cedeira desde o franquismo até 2013, cando cedeu ao posto ao seu irmán Luis,  logo de sumar 32 anos de profesión “político”. O goberno central do PP, en funcións, vén de outorgar a Leopoldo Rubido a encomienda de Afonso X O Sabio, exalcalde do PP e irmán, tamén, do director do ABC e antes de La Voz de Galicia, Bieito Rubido.

O monolito construido no mandado de Rubido en 1977 e retirado en 2007 polo goberno tripartito PSOE, BNG eTG

O monolito construido no mandato de Rubido en 1977 e retirado en 2007 polo goberno tripartito PSOE, BNG e TG. Foto: Xosé Cheda

A orde publicada onte no boletín oficial do estado, vén asinada polo  Ministro de Educación, Cultura e Deporte, Íñigo Méndez de Vigo e non acrescenta explicación ningunha dos méritos de elevar a Rubido á categoria dos portadores da encomienda.

Tornar a un individuo en destino forma parte da arte taumatúrxica do BOE, abonda sair nel para devir xenio e figura, ainda que a publicación oficial do estado non estabeleza os méritos de Rubido agás o ter sido alcalde ao servizo da dereita española na vila e terra de Cedeira desde o franquismo e até ben comezado o século XXI.

Ese debe ser o mérito de Rubido, ser un dos alcaldes mais lonxevos de todo o estado español(73-99, 2003-2007, 2011-2013). Mas é iso suficiente?  Os servizos prestados á dereita española, quizais?

A figura da encomienda ten unha  acusada fasquía colonial. En orixe  aplicábase aos anacos terra colonial da America española. Quer dicer, é unha institución xurídica imposta pola coroa con vistas a regular o recollimento de tributos e circunscrever a explotación do traballo indíxena.  Establecíase a partires dun arranxo contractual, caracterizado pola submisión dun número variabel de indíxenas “pagadores de impostos”, a un encomendero.

A posteridade funciona de xeito paradoxal. Cando a sociedade civil cedeiresa ainda non foi quen de recuperar plentamente – vén entrado xa o século XXI – a memoria dos asasinados e represaliados locais no franquismo, o flamante novo encomendado da Orde  de Afonso X O Sabio erguía e saudava brazo en alto en 1977 a  construcción dun monolito franquista. Feito este que malia o incomodo producido nalgúns sectores da sociedade civil cedeirense,  acabou por premialo en sucesivos procesos electorais. Do franquismo a Alianza Popular, até recalar no PP, chegando a ser senador.

Ao cabo, que establece encomienda de Afonso X O Sabio? Segundo describe e  establece o  decreto que a regula a Orde de Afonso X O Sabio( monarca, por certo, que vai encetar a historiograrfia castelanista)  está destinada a “premiar as  persoas físicas e  xurídicas e as Entidades tanto españolas como extranxeiras, que teñan distinguido por méritos contraídos nos eidos da  educación, a ciencia,a cultura, a docencia e a  investigación ou que prestaran servizos destacados en calquera deles en España ou no ámbito internacional”. Non leva premio económico, só a de tornarse encomendero -e sumar a distinción- madía-leva!


Ao mellor tamén che interesa:

O goberno de Cedeira rende a primeira homenaxe ás cedeiresas e ós cedeireses represaliados polo franquismo

E do esquecimento prostituto só amores gardei ao Monolito

Segunda Cantiga ó Monolito

Primeira Cantiga ó Monolito

Demite Leopoldo Rubido

A Comisión Europea repara na banalización do franquismo

A mala conciencia do PP

Deixar unha resposta

— required *

— required *

off
A %d blogueros les gusta esto: