Monolito de granito
antoxo dictatorial,
monolito,monolito
ti representas o mal.
Lembrasnos ó fascismo
á inxusticia cos obreiros,
fame,cadea e paus
labregos e mariñeiros.
Todo o que ti representas
danos forza para loitar,
defendendo ó noso pobo
dos caciques que aínda hai.
Agora na “democracia”
aqueles que te puxeron,
debíante de levar
para as casas que fixeron.
Que che rezasen de día
e tamén de noite escura,
para ver se conseguían
que houbese outra dictadura.
Mentras haxa democracia
potenciemo-la cultura,
quitándolle o Monolito
ás xeracións futuras.
Que teñan os nosos fillos
de que sentirse orgullosos,
cando vexan nese sitio
un monumento fermoso
Adicado ós mariñeiros
por ser eles os primeiros,
que teñen que madrugar,
dándolle vida a esta Vila
con o que traen do mar.
¿Cedeira,que sería de ti,
sen os que van a pescar?
Sr.Alcalde, saque o monolito xa.


















Moi bon, meu!