off
Arquitectura, Cedeira — 18 Xaneiro, 2021 at 10:34 a.m.

Recuperan a Fonte de Vilar en Cedeira

by

As obras  de recuperación do Concello trouxeran a pedra á vista, consertaran o cano de água e substituíran o telhado por madeira e tella do país.

[Pingota Comunicación]  Remataron as obras de rehabilitación integral da Fonte de Vilar, un lavadoiro público que caera en desuso e estaba en situación de abandono. A actuación serviu para recuperar os elementos de pedra do conxunto e reconstruír o teito con madeira e tella do país, devolvéndolle á parroquia un elemento singular do seu patrimonio arquitectónico e da súa historia, posto que as fontes foron tradicionalmente lugares de encontro da veciñanza, fundamentalmente das mulleres, que forman parte da memoria común. É unha intervención inscrita no plan do goberno local para recuperar as fontes e lavadoiros públicos da localidade, no que con anterioridade se recuperaran as fontes de Fernando Lago e da Area. “Rehabilitar estes elementos é tamén conservar a nosa historia e o noso patrimonio”, segundo fontes consultadas do Concello.

A obra costou 10.092,61€ e o fornecimento  de madeira   para a recuperación do tellado fois adquirdo á empresa local Picos y Villadóniga   por 3.248,85€, sendo  asignados a Alberto Rodríguez Aneiros, por 6.843,76€, os traballos de execución. Neles incluiuse a remoción do tellado antigo, o levantamento do recebado para deixar á vista a pedra e a reparación da tubaxen da auga, así como a colocación da nova estrutura de madeira que sustenta o teito, a o que se lle deu máis altura, e das placas de fibrocemento e a tella do país que van sobre a mesma. Completouse a actuación coa colocación dun novo pavimento de pedra.

 

 

Grazas por leres e colaborares no Ollaparo !

Este sitio emprega Akismet para reducir o spam. Aprende como se procesan os datos dos teus comentarios.

off