off
COVID-19, Galiza, Traballo — 23 Abril, 2020 at 6:53 p.m.

A CIG realiza protestas simbólicas nas sete cidades para esixir ingresos e salarios dignos, protección social e seguridade nos centros de traballo

by

Ás portas da conmemoración do 1º de Maio,a CIG advertiu do abuso patronal que se está a producir, favorecido pola decisión política de afrontar esta crise, a nivel laboral, tomando como punto de partida unha reforma laboral “que xa debería estar derrogada na súa integridade

As concentracións, nas que participaron grupos de dez persoas gardando as correspondentes medidas de seguridade, desenvolvéronse diante da Delegación do Goberno na Coruña, das Subdelegacións de Pontevedra, Lugo e Ourense e nos edificios da Xunta de Galiza de Vigo, Ferrol e Santiago de Compostela

Paulo Carril: “Facemos estas accións despois de semanas de achegar propostas, reclamacións e denuncias que non son atendidas nin polas administracións nin polas empresas

 

Con estas accion os sindicalistas reivindican o cobro do paro e dos salarios, porque a falta de ingresos está a empobrecer moito máis ao conxunto do pobo traballador; medidas de protección social para todas as persoas sen exclusións nin discriminacións; un control estrito do cumprimento das medidas de seguridade do persoal que está a traballar; e respecto polos dereitos e liberdades civís”.

As medidas aprobadas afondan na precariedade e na pobreza

Paulo Carril denuncia que as medidas aprobadas dende o decreto do estado de alarma “son inxustas e insuficientes”, están a provocar un regueiro de despedimentos e ERTEs, e afondan na precariedade dos colectivos laborais máis vulnerábeis (como os empregados e empregadas eventuais ou con contrato a través de ETTs), para quen non se adoptaron medidas de protección que lles permita ter uns ingresos dignos.

Grazas por leres e colaborares no Ollaparo !

Este sitio emprega Akismet para reducir o spam. Aprende como se procesan os datos dos teus comentarios.

off