off
Cedeira, Festas — 26 Outubro, 2017 at 7:44 a.m.

O Samain comeza da man da Anpa Picapeixe

by

[Pingota Comunicación] As celebracións do Samaín xa están en marcha en Cedeira coas actividades que desde o pasado luns reúnen aos alumnos do colexio Nicolás del Río nos obradoiros e iniciativas organizadas polo ANPA Picapeixe. Se onte o programa deu lugar á decoración de camisetas hoxe a actividade estará centrada na elaboración de chapas. Iso será ás cinco da tarde xa que despois, ás 18.30 horas, está prevista unha sesión de contacontos e a presentación do obradoiro “Como contar un conto”.
A programación proseguirá ao longo dos dous próximos días coa celebración de novos talleres de manualidades, a proxección de vídeos doutros samains anteriores e a presentación do libro “Catro contos de medo”. Este último acto terá lugar o xoves, a partir das oito da tarde na sala Áncora, local que tamén está a acoller as actividades organizadas pola ANPA Picapeixe.


Este texto é un servizo da axencia Pingota Comunicación. O Ollaparo non interveu na seleción, nen no editorial, nen no contido da notícia.

Grazas por leres e colaborares no Ollaparo !

Este sitio emprega Akismet para reducir o spam. Aprende como se procesan os datos dos teus comentarios.

off