off
Galiza, Movementos sociais, Política, Politica espanhola — 2 Febreiro, 2017 at 10:46 a.m.

Bescansa abandona a executiva de Podemos pola liorta interna entre Iglesias e Errejón

by

Bescansa_podemosA secretária de Análise Política e Programa de Podemos, a galega Carolina Bescansa, abandona a dirección de Podemos. A que fora unha das fundadoras do partido lila comunicou onte á militancia que renuncia a facer parte da dirección e á secretaría de análise política e programa e que non se inserirá en ningunha das candidaturas de cara a  Vistalegre II, o congreso do 11 e do 12 de  febreiro.

Nunha carta aos inscritos de Podemos , Bescansa denunciou que Podemos chegaba ao congreso do partidot “preso nun eixo de confronto entre dous colegas” que estan “axindo de costas á vontade de diálogo e de acordo partillado” pola maioría das bases. “Portanto, non podemos xuntarnos en calquer das  listas concorrentes para a lideranza política da organización”, escrebeu nunha carta conxunta ao Secretário de Economia, Nacho Alvarez, que tiña apresentado documentos para tentar librase da polarización.

Ainda que de momento mantén a acta de deputada e continua sendo secretaria xeral do grupo parlamentar, non aparecerá en primeira liña do partido. Seica cansada das tirapuxas internas entre Pablo Iglesias e Íñigo Errejón, tentou durante semanas contemporizar dentro da formación cunha candidatura de unidade. Após certificaren que ningún dos equipos acadarian acordo, mantendo a campaña de recriminacións, decidiu desbotar a oferta do equipo de Iglesias se sumarse ás súas fileiras.

Sabido é que Bescansa non é, de lonxe, a primeira vítima da confrontación entre Iglesias e Errejón. De Vistalegre I só fica Iglesias e o seu número dous. O primeiro en cair pola presión de Errejón foi outro dos cofundadores ,Juan Carlos Monedero, que arestora súmase á campaña a favor de Iglesias. O até hai pouco secretario xeral de Podemos en  Madrid, Luís Alegre, recucou e hai tempo que por desavinzas con Iglesias está lonxe da primeira liña. Malia dispor da secretaria xeral, Iglesias só tén o apoio de Monedero de entre os que impulsaran o partido lila hai tres anos.  Errejón foi sumando o apoio dos indignados-orgánicos.

Grazas por leres e colaborares no Ollaparo !

Este sitio emprega Akismet para reducir o spam. Aprende como se procesan os datos dos teus comentarios.

off