off
Cedeira, Educação — 6 Setembro, 2016 at 12:39 p.m.

Melloras na Escola Nicolás del Río de cara ao comezo do curso escolar

by

O inicio co curso escolar está a chegar e segundo a Xunta en funcións -que está a  expor grande actividade publicidade e licitadora en precampaña- antes de que os nenos e nenas volvan ás aulas estarán rematados os traballos de substitución de 6 das 20 galerías de fiestras da fachada sur da escola. Estructuras de case sete metros de lonxitude, feitas en aluminio, con garantía de cinco anos e vidro de doble folla. Algunhas das fiestras son abatibles.

O plan da Xunta en funcións, segundo o acordo acadado entre Educación e o Concello de Cedeira, é completar esta intervención inicial coa substitución da totalidade das galerías nun prazo de dous anos.

De cara aos vindeiros meses o goberno municipal ten previsto instalar unha barreira de protección exterior, melloras no parque infantil e a colocación dun portón interior no recinto para velar pola seguridade dos alumnos.

O Concello tamén está levando a cabo outras obras de mellora que pasan por anovar o aspecto das aulas cunha nova capa de pintura.

Xunto aos traballos de pintura agora executados, as obras que están pendentes forman parte do paquete de intervencións acordado co xefe territorial de Educación, Indalecio Cabana, na reunión na que o alcalde, Pablo Moreda Gil, comunicou ao representante en funcións do executivo galego as necesidades e demandas do Concello e da comunidade escolar con respecto ao centro Nicolás del Río. Este conxunto de intervencións costará a 30.000 euros. NicolasdelRio_pingotacomunicación_cedeira

Grazas por leres e colaborares no Ollaparo !

Este sitio emprega Akismet para reducir o spam. Aprende como se procesan os datos dos teus comentarios.

off