off
Cedeira, Festas, Música — 1 Xullo, 2016 at 7:21 a.m.

Música na rúa no mes de xullo

by

Música na rúa é o nome do ciclo musical que Concello de Cedeira propón para levar o ritmo  a cada recanto da vila durante o mes de xullo


IMG-20160701-WA0000

Un total de trece actuacións forman parte dunha programación que dará comezo o próximo sábado co primeiro dos encontros musicais na praza do Peixe. A agrupación “As Aturuxeiras” inaugurará a segunda edición dunha das citas máis esperadas do verán cedeirés. A actuación dará comezo ás oito da tarde.

A praza rúa San Andrés esquina rúa Moeche acollerá a primeira delas, que correrá a cargo do grupo Buxainas e que comezará ás oito. O paseo da Mariña foi o escenario elIxido para interpretacións con notas cheas de morriña. Son as que sairán dos acordeóns dos membros da asociación local. A cita será ás 19.30 horas. O derradeiro día, o domingo, a actividade trasladarase a praza Roxa. Neste caso, a actuación será a unha e correrá a cargo da Banda Pro Cedeira.

A fin de semana do 8, 9 e 10 de xullo será a máis musical do mes, xa que haberá actuacións os tres días.

Até completar o mes aínda haberá outras oito actuacións máis. Nesta segunda quincena do mes, a música volverá a praza Roxa noutras tres ocasións. A primeira delas será o día 16 coa actuación de As Aturuxeiras, a partir as oito da tarde.

A praza do Floreal será o relevo ao día seguinte, ás doce, coa participación de Buxainas. Unha nova actuación da agrupacións de Acordeóns de Cedeira e o Festival de Buxainas son os actos programados para os días 23 e 24 de xullo.

A praza do Concello e a praza Roxa serán os outros dous escenarios elexidos. As actuacións serán ás 12.30 e 19.00 horas, respectivamente.

Xa na recta final do mes haberá que situar as actuacións da Banda Vila de Cedeira -que será o día 26 na praza Roxa ás 13.00 horas.

Auditorio Municipal

O auditorio municipal  súmase a esta actividade coa celebración de tres citas musicales ao logo do citado mes. O primeiro deles terá lugar o próximo domingo coa actuación do grupo Buxaina, que porá en escena o espectáculo “Aires de La Habana”. Será ás oito da tarde.

O día 23, a partir das 20.00 horas, terá lugar o festival de coros organizado pola agrupación Virxe do Mar, mentras que a cita promovida polo Coro Eixil será o 30, ás oito da tarde.

Nota de imprensa: Pingota Comunicación

Grazas por leres e colaborares no Ollaparo !

Este sitio emprega Akismet para reducir o spam. Aprende como se procesan os datos dos teus comentarios.

off