off
Cedeira — 20 Setembro, 2013 at 8:17 a.m.

Catastrazo en Cedeira

by

A suba do gravame do IBI, que afecta maiormente ás zonas rurais e sen servizos do Concello, está a revelarse unha burla de proporcións descomunais

O aumento do tipo de gravame do Imposto de Bens Inmobles (IBI) aprobado no pleno do 19 de xuño xerou malestar e preocupación entre moitos veciños do municipio de Cedeira. O incremento supón que o tipo aplicado aos bens de carácter rústico pasa do 0,30 ao 0,55 % e se equipara ao urbano, que ascende do 0,46 ao 0,55 %.  Fincas rurais sen servizos pagarán máis que chalés de luxo en Arteixo. Moitas pasarán a pagar de 6€ que pagarían as fincas de Cerdido en fronte destas a 35€ metro cadrado, noutros casos 24€ a todo isto sen Servizos. Hai centos de “erros” no traballo feito pola empresa privada que o realizou si é que estudou algo.

Un caso evidente é que non aparece nin o Auditorio nin o edificio de María Mediadora, nin moitos outros de nova construción neste estudo, como si estiveran a campo e non edificados. Ademais da chapuza de este estudo están os incrementos do perímetro urbano nas taxas nas proximidades da vila e o incremento máis grande realizado en Galiza en zonas rurais. O PP toma por parva á xente por iso a roubada con descaro.

Segundo explicaron algunhas fontes que puido consultar  Olláparo  aquel que non queira pagar IBI con instalar unha Capela como María Mediadora xa esta libré de cargas como acontece con este edificio.

Se o Concello externalizou o estudo de actualización do catastro, debería explicarlle á cidadanía  que tipo de seguimento e comproboación fixo unha vez entregado e a que se deben estes desatinos. Dado o alcance do estudo o máis sensato sería retiralo. E a cidadanía axir en consecuencia.

Estamos á espera de poder ofrecerlles información contrastada deste saqueo con taxas e planos. Namentres, os veciños poden acudir á charla informativa que se dará de novo mañá no escolar vello de Piñeiro ás 8 do serán ou asinar o prego de alegacións aos traballos de actualización do cadastro na Rúa Zumalacárregi 1º Baixo.

O caos no tipo de gravame  do cadastro  espanta aos cidadáns  e xa non digamos a calquera posibel inversor extranxeiro.

2 Comments

  1. 6 euros por metro cadrado no catastro de Cerdido en casas que lindan con casas con fincas que xa pagaban taxas máis elevadas no noso Concello e que agora incrementan a 10, 24, ou “35” euros como no Campo de Hospital, Montoxo e outros que que “equipara” ao IBI urbano de zonas de luxo en Arteixo, terra de Amancio Ortega. En zonas turísticas de moi boas praias no Concello de Ares, coas melhores instalacións e servizos pagan 27€ X metro cadrado.

    O Concello tería que comezar pedindo explicacións á empresa que cobrou por “actualizar” o catastro. E a veciñanza esixir a súa retirada e novo estudo en base aos tempos de crise no que vivimos. Que miren tamén máis as rendas dos propietarios e non só valores de mercado irreais. Hai xente tamén en Cedeira que xa sabe vai tempo que os Reises Magos eran os pais.

  2. A charla será hoxe ás oito

Grazas por leres e colaborares no Ollaparo !

Este sitio emprega Akismet para reducir o spam. Aprende como se procesan os datos dos teus comentarios.

off