off
Cedeira, Política local — 15 Setembro, 2012 at 5:44 a.m.

A baixada de pantalóns do goberno municipal

by

Despois de máis de un mes protestando con pancartas ,pola retirada do mercado dos sábados, do sitio en onde se celebraba ( no peirao da Vila Vella) e levado para o paseo marítimo, os comerciantes desa parte da vila, gáñanlle a partida ó Concello, ó obrigarlle a recuar mantendo a feira dos sábados Arriba da ponte.

É a primeira vez na historia de Cedeira, que unha parte do comercio se xunta para protexe-los seus intereses con razóns consistentes  ( o cal quer dicir que a unión fai a forza).

Foi vergoñento para a imaxe de Cedeira ver as pancartas penduradas tanto tempo de balcóns e fiestras, e para máis Inri, no verán ( ¿ Que dirán los veraneantes de nosotros?).

A responsabilidade  de todo isto tena o señor alcalde D. Leopoldo Rubido, por non sentarse a dialogar no seu día coa partes implicadas  antes de chegar ao conflicto, utilizando maneiras doutras épocas, como si estivese na Dictadura Franquista; vai aprendendo Leopoldo, que se che empeza a rebelar a tropa, eses que protestaron, prácticamente son todos votantes do PP, pero se lles fallas ó respeto, e ós seus intereses, igual se poñen da outra banda.

Houbo xente que cando me veron sacando fotos das pancartas, viñeron a preguntarme se ía a poñer algo no Olláparo, dixen que non, por ir as pancartas todas en castelán, e que no Olláparo estamos a defender o idioma galego ( e con todo publicamos a resportaxe De feiras e de mercados). Houbo tamén quen me dixo, que se ían en castelán era para que as entenderan Leopoldo e os veraneantes, comentei que como chiste iso estaba ben, pero non como protesta, parecía unha coña. En Galiza todo en Galego, sempre será máis creible e efectivo, e si agora escribo sobor dela, é para celebrar a baixada de pantalóns do goberno do PP.

One Comment

  1. Parece mentira que se use o castelan nunha reivndicacion en Cedeira. Diria máis o galego darialle mais forza a protesta.
    ¿Creen vostedes que aos veraneantes lles interesa a ubicacion do mercado?
    Proben a poñelo en galego, e si preguntan por que non entenden, enton e que si.
    O uso da lingua propia daria a visión de que vostedes non son subditos do PP e que creen no propio e no pobo.
    Por iso moita xente deulles as costas e trátannos de alienados e cambia chaquetas.

Grazas por leres e colaborares no Ollaparo !

Este sitio emprega Akismet para reducir o spam. Aprende como se procesan os datos dos teus comentarios.

off