off
Cedeira, Desporte, Saúde — 18 Abril, 2019 at 06:52

A AECC organiza unha Andaina Solidaria o próximo domingo en Cedeira

por

A AECC organiza unha Andaina Solidaria o próximo domingo.

A AECC e o goberno municipal cedeirense convidan á veciñanza a participar activamente nunha xornada que alén de  promover activamente na promoción do deporte como hábito saúdable, tamén serve para sensibilizar á poboación na prevención. As persoas que poidan estar interesadas teñen a posibilidade de apuntarse na páxina evedeportnorte.com, sempre que sexa antes das 23.59 horas do día18; na Oficina de Turismo e xoguetería Rosa, ata o sábado, e a partir das 9.30 do domingo 21 na mesma liña de saída. O prezo da inscrición é de 5 euros. Tanto o importe íntegro da recadación como o diñeiro procedente da venda de camisetas (5 euros) e chuvasqueiros (10 euros), entre outros obxectos, ingresarase nos fondos da AECC para contribuír á investigación e axudar aos doentes e as súas familias  O punto de partida será a praza Roxa e as 11.00 horas o momento do inicio dunha proba na que os participantes terán que percorrer unha distancia de case cinco quilómetros, arredor de 4.600
metros.
O itinerario descorrerá polo paseo marítimo, a zona do Beco, a barriada da Area, a Xunqueira, o paseo fluvial e o malecón. Previo ao inicio da andaina haberá unha sesión de zumba, que estará a cargo do grupo de Fanni Barge, mentres que o seu comezo estará marcado pola música da Batukada Discalz@s. A organización tamén conta coa colaboración do club ciclista local, xa que algúns dos seus socios poñeranse tanto ao inicio como ao final do grupo de participantes.

Deixar unha resposta

Ten que ser rexistrado para publicar un comentario.

off
A %d blogueros les gusta esto: