[Pingota Comunicación] O Concello de Cedeira aproveita este días o espazo público do antigo punto de información turística para que a veciñanza identifique as especies vexetais invasoras máis comúns en Galicia e evite contribuír á súa propagación. A mostra reúne imaxes de oito plantas coas que a Concellería de Medio Ambiente de Cedeira pretende concienciar á cidadanía e trasladarlle a necesidade de evitar a plantación de ditas especies en espazos privados e non contribuír á súa expansión nin danar o medio ambiente. Camilo Casal, responsable da devandita área, advirte das consecuencias negativas que para a flora autóctona supón a presenza de especies invasoras como poden ser o plumeiro ou carrizo da Pampa, as acacias, tamén coñecidas como “mimosas”, para a conservación das que son propias do territorio. Casal convida a visitar a exposición como o seu primeiro xesto de colaboración cara a erradicar as plantas que son impropias de Galiza.
Este texto é un servizo da axencia Pingota Comunicación. O Ollaparo non interveu na seleción, nen no editorial, nen no contido da notícia.