off
Cedeira, Cultura, Desporte, Movementos sociais — 14 Setembro, 2017 at 08:21

Convocatoria de axudas públicas para fomentar a cultura e o deporte a través das entidades locais de Cedeira

por Redacción

[Pingota Comunicación] O curso escolar comeza en Cedeira coa apertura do prazo de presentación de solicitudes para ter acceso ás subvencións concedidas polo Concello para fomentar a cultura e o deporte a través das iniciativas desenvolvidas polas entidades locais, así como para a mellora das instalacións e a merca de bens inventariados con aportacións económicas sempre que o importe da axuda solicitada sexa superior aos 100 euros. As convocatorias fixéronse públicas hoxe coa publicación das catro resolucións no Boletín Oficial da Provincia, polo que desde  goberno local se anima ás asociacións a consultar canto antes as disposicións para acceder ás devanditas axudas. A partires de agora ábrese un prazo de 15 días para a presentación de solicitudes. As instancias hainas que presentar na sede electrónica del Concello. O goberno local reserva unha partida de 48.000 euros para apoiar por esta vía a cultura e promocionar o deporte no ámbito local, coa concesión de axudas que poden chegar a representar ata un 70% da cantidade necesaria para levar a cabo unha determinada actividade. No caso das subvencións culturais, establécese unha aportación máxima de 1.500 euros por cada beneficario.


Este texto é un servizo da axencia Pingota Comunicación.O Ollaparo non interveu na seleción, nen no editorial, nen no contido da notícia.


 

Deixar unha resposta

— required *

— required *

off
%d bloggers like this: