off
Cedeira, Política local — 22 Abril, 2017 at 8:35 a.m.

O goberno cedeirés valora o primeiro ano do Portal de Transparencia

by
[Pingota Comunicación] “Cando chegamos ao goberno o Concello non cumpría a Lei de Transparencia. A pouca información que se poñía a disposición dos veciños non estaba actualiza- da, e a transparencia parecía máis unha molestia que un principio político. Prometimos claridade ao chegar ao goberno, e estamos cumprindo”. Así resumía hoxe o alcalde de Cedeira, Pablo Moreda Gil, o primeiro ano desde a posta en funcionamento do portal de transparencia municipal (www.portaltransparenciacedeira.gal), unha iniciativa do goberno tripartito co fin de trasladar á veciñanza a información máis relevante sobre a actividade municipal. Moreda explicou a complexidade do proceso sinalando que “é moita a información que se tivo que incorporar, posto que case partíamos da nada. Incorporamos toda a información sobre o funcionamento interno e político do Concello, que non se tiña máis que algún enlace a algunha publicación do Boletín Oficial da Provincia (BOP)”. Agora, segundo o alcalde, as informacións relativas as subvencións e convenios están a disposición dos usuarios e moitos dos expedientes aprobados polo pleno poden ser consultados para facer alegacións ou propostas. Orzamentos, periodo medio de pagamento, informes de intervención, procesos de contratación de obras e servizos son outros dos moitos datos que ofrece o portal “á hora de poñer a administración ao alcance dos cidadans”, reiterou o alcalde. O goberno de Cedeira entende que “o dereito de acceso á información dos veciños debe ser unha liña principal da nosa xestión e non unha simple obriga legal, por iso mantemos e redobramos o noso compromiso coa transparencia e seguimos traballando e mellorando na claridade danosa xestión”.

Este texto é un servizo da axencia Pingota Comunicación.O Ollaparo non interveu na seleción, nen no editorial, nen no contido da notícia.


 

Grazas por leres e colaborares no Ollaparo !

Este sitio emprega Akismet para reducir o spam. Aprende como se procesan os datos dos teus comentarios.

off