off
Cedeira, Política local — 1 Decembro, 2016 at 7:51 a.m.

Limpeza do caleiro e arranxo das baixantes do Auditorio para atallar a humidade da fachada

by

A falta de mantemento acumulado desde a súa inauguración foi mostrando a inadecuación do proxecto orixinario  ao clima atlántico


Estes días estanse a levar a cabo obras de limpeza no caleiro e traballos de reparación nas baixantes no auditorio municipal. A falta de mantemento acumulado que sufriu o edificio foi a orixe dun problema que viña xerando importantes manchas de humidade no exterior. A porosidade da pedra usada precisaba unha caleira para esgotamento de augas xa que o  alzado do edificio ten unha frontaria escasamente protexida,  o que provocou que ó pouco foran aparecendo nódoas de humidade nas fachadas principal e lateral do inmobel.

caleiroO proxecto que está en fase de execución estará rematado en dez días, segundo as previsións do Concello. Trátase unha intervención de obra menor que está s ser executada pola empresa Revestimentos Valdoviño SL. O importe da contratación foi de 2.825,56 euros. O goberno municipal non descarta que se teña que acometer unha segunda intervención para recuperar o aspecto orixinal dun edificio que pasou algún tempo sen recibir os cuidados necesarios para garantir a súa conservación.

Confíase que  alomenos agora, con estes primeiros traballos se estea poñendo fin ao seu deterioro estético.

Grazas por leres e colaborares no Ollaparo !

Este sitio emprega Akismet para reducir o spam. Aprende como se procesan os datos dos teus comentarios.

off