off
Cedeira, Teatro — 14 Outubro, 2016 at 7:32 a.m.

O certame de Teatro Amador de Cedeira xa ten nove parceiros teatrais

by

A primeira edición do Certame de Teatro Afeccionado de Cedeira espertou o interese de nove grupos de teatro amador de Santiago, A Coruña, Foz e Narón, entre outros lugares da xeografía galega. O goberno municipal mostrouse especialmente satisfeito pola resposta obtida nesta primeira convocatoria e recorda que, unha vez rematado o prazo de inscrición,  ábrese agora un proceso de selección para escollar ás tres compañías que tomarán parte no certame. Os concelleiros de Cultura, María Xosé Rodríguez, e de Educación, Robustiano Labraña, ademais do técnico cultural Quique Vázquez formarán parte da comisión que comezará a deliberar a próxima semana. A cita coas artes escénicas terá lugar os días 4, 11 e 18 do próximo mes de novembro.

O Auditorio acollerá todas as representacións, que darán comezo ás oito da tarde. O Concello achegará unha partida de 400 euros en conceito de axuda á participación dos tres grupos seleccionados. O Certame de Teatro de Afeccionado nace coa intención de permanencia e co obxectivo de dar a mellor e máis completa visión do panorama do teatro amador que se fai en Galicia, segundo explican dende o goberno.

Nota de imprensa: Pingota Comunicación

Grazas por leres e colaborares no Ollaparo !

Este sitio emprega Akismet para reducir o spam. Aprende como se procesan os datos dos teus comentarios.

off