off
Eleccións 25-S 2016, Galiza, Politica espanhola — 24 Setembro, 2016 at 10:15 a.m.

Eses, aqueles

by

difuntopadre_votar_castelaoSe cadrar hoxe debullaremos dúbidas. Pedro Sánchez vén de guindar- talvez procurando unha notícia tan bombástica como agónica perante a perspectiva de esnafrarse en Galiza e no País Vasco- que tentará ser investido pola maioría alternativa ao PP. O todo ou nada de Sánchez reflicte a liquidación de debilidade acumulada: duas desfeitas eleitorais e unha investidura fracasada ao que se suma a cilada de abstención patriótica dos seus barons contra os “extremistas de esquerdas e os soberanistas”

O que Rajoy denominou “esos” (sic.). Velaquí a declaración: “Sánchez pretende facer un goberno con eses”? Non o permiten nen a razón, nen a vontade dos españois”. Eis  unha mostra máis do que para Rajoy é merecente de consideración e recoñecemento e o que non o é; o que define a súa idea de democracia (liberal) española.

Rajoy convidanos a enfitar o noso papel. Reparemos portanto na declaración quer por estarmos en plena xornada eleitoral galega (aquele dia en que brincan connosco e até sorrimos) quer por nos brindar unha definición nídia e distinta -mesmo é unha ontoloxía xeral- do que para o presidente en funcións é a democracia española através dos modos nos que se manifesta. Por unha banda os eleitores  de pleno dereito e, por outra, os sen nome “eses” que, ao parecer faltos de atributos, nen se molesta en nomear. Porque Rajoy, partillando a ontoloxía do PP, Ciudadanos, parte do PSOE e principais empresas de comunicación, a democracia española ten dos niveis, dos cuais, os que poderian achegar unha maioria parlamentar – o que Rajoy non acadou, vai alá un ano- non contan como voto cidadá: eses, aqueles, os que non merecen ser nomeados.

Grazas por leres e colaborares no Ollaparo !

Este sitio emprega Akismet para reducir o spam. Aprende como se procesan os datos dos teus comentarios.

off