off
Cedeira, Pintura — 29 Agosto, 2016 at 6:29 a.m.

Raúl Gil gaña a 2ªedición do Pintura Rápida Vila de Cedeira

by
RaulGil_primeiropremio_PinturaRapida_Cedeira_OLLAPARO
Raúl Gil, primeiro premio da 2ªed. Certema de Pintura Rápida Vila de Cedeira

Un total de 17 artistas participaron no concurso de Pintura Rápida organizado polo Concello de Cedeira, do que este ano resultou gañador Raúl Gil Bures cunha obra na que se recolle un tramo do paseo de la Marina da vila cedeiresa.

O segundo premio foi para Manuel Carballeira -que optou por reproducir a praia-, mentres que Javier Sande  acadou o terceiro coa paisaxe duns acantilados. O certame, que se celebrou este domingo, convida a afeccionados e profesionais da pintura a mostrar diferentes realidades dos recunchos máis coñecidos da vila. Non existe límite de idade e as obras premiadas pasan a ser propiedade do Concello. A organización do certamen correspondelle á concellería de Cultura. A súa titular, María Xosé Rodríguez, presidiu esta tarde o acto de entrega de premios, no que destacou o elevado nivel das obras presentadas. “Houbo moita calidade”, dixo.

O Concello repartiu entre os premiados un total 1.300 euros, de maneira que o primeiro recibiu 600 euros; o segundo 400 e o terceiro 300, ademais dos diplomas correspondentes.

Grazas por leres e colaborares no Ollaparo !

Este sitio emprega Akismet para reducir o spam. Aprende como se procesan os datos dos teus comentarios.

off