off
Cedeira, Cultura — 13 Xullo, 2016 at 6:44 a.m.

A Cámara municipal de Cedeira asina un convenio coa Deputación para actividades culturais

by

Asinouse onte  o convenio coa Rede Cultural da Deputación da Coruña, no transcurso dun acto presidido pola vicepresidenta da Deputación, Goretti Sanmartín.


Nesta xeira, ao Concello de Cedeira concedéronselle a totalidade das actuacións solicitadas, unha ducia. A programación está orientada a públicos de distintas idades, desde representacións para bebés co espectáculo “Chíos” do Teatro da Semente, pasando polo infantil coa compañía de danza Ghazafelhos e a actividade “Iriña Bailarina”. O espectáculo “Lisístrata: a historia en feminino” vai dirixido á mocidade, mentres que Candido Pazó, co o monólogo “Que comerá o rei”, participará na segunda edición de Cantos e Contos ao Solpor que, durante os sábados de setembro, terá lugar na praza do Concello. Trátase dunha peza dirixida a público adulto.Neste ciclo o Concello tamén conta con Daboapipa e o seu espectáculo “Lavandeiras” e coa música de Puntada sen fío. As datas das distintas actividades coñeceranse ao longo do mes de xullo.

A Deputación destina 1,4 millóns de euros á Rede cultural, un orzamento ao que os próprios  concellos achegan parte do finanzamento.En total, foron 550 entidades, empresas e compañías as que participaron na convocatoria. Asín, a Deputación concedeu aos concellos, no ámbito profesional, 183 actuacións de música por un total de 361.919,74 €; 208 de teatro e títeres por 243.157, 51 €; 146 de danza profesional con 211.850,84 € e, finalmente, unha das novidades desta edición foi a introdución da programación de cine que se resolveu con 164 solicitudes para a que se destinan 64.338 €. No ámbito de propostas non profesionais, os concellos recibirán para a súa programación 129.464,50 € para 251 actuacións. 

Nota de imprensa: Pingota Comunicación

Grazas por leres e colaborares no Ollaparo !

Este sitio emprega Akismet para reducir o spam. Aprende como se procesan os datos dos teus comentarios.

off