off
Cedeira, Educação — 21 Xuño, 2016 at 12:52 p.m.

Electricidade e electrónica no IES Punta Candieira

by

O IES Punta Candieira vén de lanzar este cartaz promocial da FP básica de electricidade. Un xeito óptimo de aproveitar o tempo é retomar os estudos para reinventarse e superar as malas experiencias escolares e laborais.  O IES Punta Candieira ten gañado un recoñecido prestixio e pódenos axudar a aprender acadando unha profesión cando xa pensabamos que tiña  pasado a época de facelo. Ainda que a clave está en complementar aprendizaxe traballando, estudiar non tén só unha finalidade laboral. Tamén serve para aumentar a curiosidade e aspirar a excelencia naquilo onde un se implica.

A formación profesional ten ampliado moito a súa oferta formativa

Este ciclo esta destinado  a persoas que remataran a ESO e queren obtener unha cualificación profesional básica para mellorar as súas posibilidades de inserción laboral ou para acceder a un Ciclo Formativo de Grao Medio. O periodo de matrícula é a partir do 27 de xuño.

IESCandieira_electr_OLLAPARO

Grazas por leres e colaborares no Ollaparo !

Este sitio emprega Akismet para reducir o spam. Aprende como se procesan os datos dos teus comentarios.

off