off

O silencio “federal” do PSG-PSOE

by

“O arrepentimento non é unha virtude”

Baruch Espinosa

Semanas moi federais. Cómpre portanto fitar ao PSG-PSOE xa que a fasquía coa que decorren as negociacións e sendo pouco probabel que Pedro Sánchez sexa investido presidente do goberno español, as franquicias do Partido Socialista Español permanecen en silencio. Por iso é tan acaído e necesario debullarmos se o federalismo do que fala o PSOE – e que retóricamente oferece  como alternativa á secesión catalá- ten ou non substancia e que estados federais lle serviran de modelo.

No ano 2013 o PSOE aprobaba un documento no que o único merecimento non foi apenas verbalizar que no estado español conviven  “diversas arelas nacionais” (“diversas aspiraciones nacionales”) mas abondar nun conceito que nunca fixo parte do seu acervo ideolóxico, máis debedor do obreirismo xacobino identificado primeiro cos “obreros castellanos” e despois cos “obreros de España”. Nesta orde afirmábao Pablo Iglesias senior. Quer dicer, fronte ao federalismo da Primeira República e o cantonalismo, fronte aos federalistas e nacionalistas que consideraban burgueses, foron identificando a unidade operaria como unidade política da nación española. O documento  aprobado en Granada hai tres anos, cenificaba asín o que semellaba unha aposta federalista para facilitar o convívio. Porén, aquel documento recreabase na retórica federalista sen debullar o seu ou, alén diso, especificar de xeito pormenorizado os exemplos que lle servian de modelo. Nin unha cousa nin a outra. E que dicir do PSG? Cada vez ten menos de S e de G. Porén, o G, que debería ser unha obviedade (o do S,  hai moito que é unha cárrega para toda a socialdemocraica europea) é doadamente sustituido por un F de federalismo que non aparece nas siglas e que non ten apoio nin en Galiza nin en España. Un G de Galicia que non representa e que non lle serviu no seu momento para influir na esquerda española por falta de proxecto de seu. As victorias municipalsitas en Galiza case sempre alicerzaran nunha trampa: nin galeguismo tácito  nen táctico. Velaí que en canto esgazaba o PSC en Catalunya entre quen defendía o dereito a decidir e quen non, o suposto galeguismo do PSG é máis un lastre que un activo. Gaña o sucursalismo, un vazquismo sen Vázquez. Talvez, porque o PSG non foi nunca galeguista, apenas un dispositivo local-sucursalita sen cadros políticos ao servizo do país. Aproveitouse, só iso.

Con certeza, no mundo hai moitos estados federais, mais non tantos que  conteñan “arelas nacionais”. Dito doutro modo, e non será que a aliñarse agora coa retórica federalista do posibel é apoiar unha volta ao actual estado de cousas e aderirse para sempre ao estado existente na actualidade?. Primeiro,porque as denominadas “arelas nacionais” non son novas singularidades, cuxa intensidade de existencia varia segundo o seu grau de participación nas relacións de poder realmente existente e, segundo, porque en canto determinacións simbólicas tamén teñen poderosas razóns históricas. E estas teñen a ver coa consciencia das consecuencias doutro modelo de goberno. Nos sesenta, Marcuse elaborou o concepto de “desublimación represiva”, quer dicer as pulsións humanas podense ser desublimadas, despoxadas da súa feitura civilizadora (que se presente o independentismo como imposibel-) e manter ainda o seu caracter represivo ( a identificación naturalizada da unidade da “nación española” ou o posibel como o que hai,etc.)

Para o PSOE, “o federalismo debe ser modelo definitivo da nosa organización territorial, coma moitos outros grandes Estados do mundo”.  Dunha afirmación asín, a primeira pregunta a derivar sería, e logo, quen son eses estados? Porén, o documento non se demora en exemplos xa que só fai unha referència concreta Alemania. En concreto, o Bundesrat. Para despois despachar sen citalos “outros modelos federais de dereito comparado”. En Baviera hai un partido independentista (Bayern Partei) e California (Estados Unidos nen se cita) vén de formarse o California National Party, que xa propós un referendo para o 2010. Porén, ambos e dous son aspiracións independentistas sen diversidade nacional. Eís o baleiro do documento do PSOE: non fala dos estados federais plurinacionais. Após o devalo da República Socialista Checoslovaca, da República Federal Socialista de Iugoslavia ou da URSS  a República Federal Checa e a Eslovaca que veu despois, os únicos que fican en Europa son  Bélxica e Bosnia e Hercegovina. O segundo fallou, mas o belga é sen dúbida un exemplo de avanzos nídos cara o confederalismo.

Exemplos hai na mitteleuropa de como a falta de federalización a tempo estimulou a secesión. Eís os casos de Bohemia e Moravia no Imperio Austríaco e depois o caso semellante da primeira República de Checoslovaquia. No caso español semella claro que tamén a ausencia de avanzos cara o federalismo -por non falarmos da total ausencia de calquera aceno confederal-  estimulou a secesión de Cataluña. E as que poidan vir.

Grazas por leres e colaborares no Ollaparo !

Este sitio emprega Akismet para reducir o spam. Aprende como se procesan os datos dos teus comentarios.

off