off
Opinião, Política, Politica espanhola — 8 Novembro, 2014 at 7:55 a.m.

Catalunya xa ten gañado

by

Aconteza o que aconteza mañá domingo dia 9, os cataláns e catalanas xa teñen gañado. Quer dicer, tanto os que votarán si-si ou si-non ou non-non. As clases medias catalanas reinterpretaron o vello catalanismo e o soberanismo-testemuño  en termos de futuro e así, fronte  ao beco  ofrecido polo Tribunal Constitucional coa sentenza sobre o Estatut de 2006 (lembrar a masiva manifestación), visaron o presente (a crise económica que as asoballaba directamente) en termos de futuro dos seus fillos e fillas. Que todo ese incomodo non se tornara explosivo  ten na arte asociativa do pobo de Catalunya un dos seus alicerces principais: a  Assemblea Nacional de Catalunya e o Òmnium entrefrebaron o sentido de responsabilidade arrastrando á maior parte dos partidos políticos.

Nunha abafante paisaxe neoliberal, revelouse como unha mostra de cohesión social pouco habitual nos paises da contorna. A  lei de matrimonios homosexuais ou a banlieue en Francia foron mostra da fonda división social no país veciño. Os refinados modos de explotación neoliberal non impediu  que a sociedade catalana se poidera re-ideoloxizar no meio da común apatía. E facelo de xeito pacífico e cohesionado, mesmo festivo. Quén pensa no futuro cando o que impera é a positividade do consumo, do puro presente?

No medio da corrupción de familias políticas concretas e na extendida percepción de que “todos os políticos son iguais”, no medio en fin dunha enxurrada de ameazas, a sociedade civil catalana ten mostrado grande intelixencia colectiva: nin todos os políticos son iguais nin os procesos políticos colectivos están reféns de familia política ningunha.

Cataluña ten gañado aconteza o que aconteza mañá. Fronte o legalismo ideolóxico e a caverna mediática española, o acontecimento catalán representa unha rutura, unha discontinuidade que ofrece novos espazos e vieiros, unha inversión da correlación de forzas territoriais. Aló en Catalunya, a máis do catalá, fálase de súpeto outra lingua.  A lingua da  liberdade.

Grazas por leres e colaborares no Ollaparo !

Este sitio emprega Akismet para reducir o spam. Aprende como se procesan os datos dos teus comentarios.

off