off
Cedeira, Meio ambiente — 14 Setembro, 2014 at 12:10 p.m.

Unha nova análise realizada en agosto revela a presenza de augas de orixe fecal no rio Condomiñas

by

A análise revela máis do doble para  E. Coli e enterococos aos valores máximos permitidos polo RD 1341/2007 que regulan a calidade de augas de baño. Os resultados contrastan coa información oficial do Concello de Cedeira que na altura afirmaba que os residuos estaban orixinados só por xabróns e deterxentes, non fecais. 


 

Ollaparo_Escuma-20140811-WA0003Recentemente ANOVA, BNG e IU véñen de facer públicos os resultados dunha análise encargada  a un laboratorio de análise e calidade medioambiental  realizada o 8 de agosto partires dunha mostra de auga superficial recollida na  marxe esquerda da ponte vella.

Sempre coa precaucion e provisionalidade que corresponde á realización de análises con metodoloxías diferentes (neste caso diferente á acreditada pola ENAC e sen peritaxe notarial),  Ollaparo tivo acceso ás conclusións ás que chega este laboratorio logo de evidenciar que a maioía dos parámetros non teñen un valor límite na normativa en vigor e malia a ambigüedade da normativa e a dilución de auga mariña,  son reveladoras  e contrasta coa  información oficial fornecida dende a administración local uns dias antes cando Rubido afirmou  que ” non había restos fecais, tratándose só de bolas de graxa e deterxente”.  Vergara (PSOE), pola súa banda, desentendeuse do apoio  das forzas de esquerda a Somos Cedeira*,  adicándose  á confusa política dos comunicados de prensa logo de tentar crear  sen éxito outra plataforma que  agás o seu grupo político non contou cos apoios de ninguén.

Nos comentarios ao informe, o laboratorio contrasta os dados obtidos da mostra realizada coa lexislación a seguir: Real Decreto  1341/2007 de regulación da calidade das augas de baño (fixa os valores límite de calidade para enterococos intestinais e E.Coli); Lei 9/2010 de Augas de Galicia (anexo II de obxectivos de calidade das rías de Galicia; e o Plan Hidrolóxico de Galicia Costa.

Todo apunta a moi mala calidade da auga nun contexto normativo ambiguo

IMG_1617A problemática da auga está baixo  normativas diferentes (algunhas delas calculadamente ambiguas entre as competencias  de noso e as españolas, interpretables segundo  a equidistancia política entre delas)  segundo se trate da baixante do rio  (augas residuais) ou das augas de baño (praia).  Por outra banda, o Plan Hidrolóxico Norte 1 xa prevé e sinala como causa da contaminación dos rios a “falta de experiencia no deseño e explotación das E.D.A.R” (engadindo: “e unha causa tan obvia que non precisa comentario”). E máis acrescenta, respeito á regulación da incorporación dos verquidos ao rio  que “a  regulación dos efluentes ademáis das augas de choiva é unha técnica empregada xa noutros paises”.

Por outra banda, convén expoñer que o Plan Hidrolóxico de Galicia Costa 103/2003, lembra no capítulo 15 relativo a autoridades competentes que as entidades locais exercen competencias en materia de medio ambiente, entre as que destaca expecíficamente, a  máis da xeral protección do medio ambiente,  a da rede de sumidoiros e o tratamento de augas residuais

 Se na análise procipiada polo goberno do PP se insistía en que a enxurrada da estación de bombeo só era de graxa e deterxente,  esta nova análise tira a conclusión que os compostos orgánicos DQO, DBO5, deterxentes e aceites e graxas, é baixo, mas os níveis de contaminación microbiolóxica por  coliformes totais enterococos e E. coli eran moi elevados superando o establecido no Real Decreto  1341/2007 de regulación da calidade das augas de baño. Máis do doble  para e. coli  e enterococos cando os valores máximos permitidos  polo RD 1341/2007 que regulan a  calidade de augas de baño e a Lei 9/2010 de augas de Galicia ( determina os obxectivos a curto prazo dos valores máximos admisibles para a calidade da auga da ría), chegando a ser 50 veces máis que os obxectivos que marca a Directiva de Augas de UE para  finais de 2015. A propia lei xa o designa de  xeito difuso como “obxectivos” de Coliformes totais admisibles para a  calidade da auga da ría. Tratándose  de 1500 coliformes totais está por ver se  Sanidade  se refiere  á suma dos coliformes patóxenos.

[wzslider autoplay="true"]
Fotos tiradas entre o 11 o 14 de agosto
Resulta inadmisibel que, mesmo tendo en conta que os limites do real decreto se estabeleza en base a percentiles sobre valores medios anuais (correctores estatísticos para desbotar extremos) os valores acadados na mostra revelan a preocupante  presenza de augas fecais nun momento en que a corporación local teimaba en tirarlle ferro aos verquidos  incontrolados afirmando taxativamente que “só” era deterxente e xabón e non restos fecais. Consumir enerxía en  demonizar ao colectivo Somos Cedeira no canto de  atallar o problema non parece o  vieiro  máis eficaz.  Refurxiarse  no curtopracismo e no interese partidario non axuda ao interese xeral. Tampouco gastar 50.000 euros en varandas e miradoiros frente a depuradora cando ainda non se solucionou o problema da estación de bombeo.
Cando non se recoñece un problema tan evidente e ademáis se tenta tapar con cifras descontextualizadas ou parciais que contradín calquera observación,  cando se cambia o foco de atención do que realmente importa con obras-decorado que infravaloran e desvian a atención do realmente importante, propíciase a desconfianza e a desafección creando un simulacro de realidade no que agochar a cabeza como o avestruz ; cando non realizan orzamentos participados pola cidadanía,  quen decide en cada momento do que se pode prescindir?,  ou non é o saneamento da auga un obxectivo estratéxico da economía e da saúde pública cedeirense? Unha vez houbo evidencias probatorias do que se presupuña e saltaba á vista, ao tacto e ao olfato, é máis do que sintómático cando todo iso se reflicte na compracente pasividade  estival do goberno do PP e dunha parte significativa do corpo social directamente afectado mariñeiros, hosteleiros e medioambientalistas,  indignados de terraza de café e rapeta social.  Vostedes teñen un problema. Será verdade que canto falas claro é cando te respeitan? Preocupante.
*Somos Cedeira é unha  plataforma cívica que vén defendendo a necesidade dunha solución integral para a problemática da praia e a ría, pescudando tamén a orixe das enxurradas ao rio con documentación e información que servira á cidadanía para coñecer a situación real da calidade das augas.

Ao mellor tamén che interesa:

Bolasfeden, o futbol e as crónicas de terraza

Pensas que o Concello de Cedeira está a facer o correcto coa xestión da Depuradora de Augas?

A estación de bombeo segue cagando bostas de graxa e restos fecais

Cedeirenses e visitantes saen á rúa para defender a calidade a auga do rio e da ria de Cedeira

Grazas por leres e colaborares no Ollaparo !

Este sitio emprega Akismet para reducir o spam. Aprende como se procesan os datos dos teus comentarios.

off