off
Cedeira, Medio ambiente — 2 Decembro, 2013 at 11:12

A voltas coa factura da auga

por Redacción

O Concello de Ares vén de anunciar que  asumirá a xestión directa do servizo da auga potabel e a rede de sumidoiros cando remate a concesión de Aquagest.  Xusto o que propuxo para Cedeira a  Plataforma Somos Cedeira o pasado xullo,  ao aducir que a factura da auga que se paga no Concello de  Cedeira non reflectia ningún beneficio no servicio xa que que se paga  o mesmo consumas un 45 mil litros que cero litros. Somos Cedeira preguntábase na altura como se explicaba  o pago dos chamados “consumos mínimos” e tiraba a conclusión de que non se explicaba pero que se estaba a cobrar por un producto non consumido.  Expoñíao de xeito preciso, pàgase por un servizo que non se usa pero que se cobra e que non atende a ningún criterio de sustentabilidade. Velaquí as claves do abuso que achegaba Somos Cedeira:

Vivenda:

“Por piso cobran un mínimo de 45 metros cúbicos (equivale a unha piscina de 4 x 5 x 2 metros e sobran 5 m3), a 0,3869 €, son 17,41 €, e como se “supón” que se consumiron 45 m3, cobran tamén o uso dos sumidoiros por 45 m3 que xamáis existiron, a 0,2989, son 13,45 €. Ademais cobran pola “conservación do contador” “da acometida de auga” “da rede de sumidoiros”, total, máis o novo IVE (10% consumo e sumidoiro; 21% resto) = 36,01 €. Máis de 5000 pesetiñas das de antes que cobran como mínimo cada trimestre, usedes auga ou non. E se nos pasamos deses 45 m3 entón aínda suben o m3 a 0,488572 €. Agás nas vivendas  con varias persoas vivindo permanentemente, no resto están por debaixo dese consumo, e nalgún caso, como as “segundas vivendas”, a cero, ou moi escaso consumo, duns 4-5 m3. Ou sexa: hay pisos que, facendo consumo CERO de auga, e vertendo CERO, pagan o mesmo que os que consumiron e verteron 45 m3. A  meirande parte dos contribuientes está abaixo de 45 m3, e en moitos casos moi por debaixo”

Local comercial:

“Un local baleiro, ofertado para o seu alugamento, pero coa crise non é doado alugar por pouco que se cobre, poñamos por caso que  recibe unha factura trimestral na que se lle cobran 58,48 € (10.000 pesetiñas) de agua cando gastou nese período CERO agua: nen a usou (30,84 € cobrados) nen foi a sumidoiro (17,93 €). Por riba de ter ese local parado, ten que regalar ao Concello preto de 240 € ao ano por auga que nen usa nen verte.

 En conclusión:

  • Moitas casas e comercios están a pagar moi por riba a auga que realmente usan, e incuso cobran polo sumidoiro de auga que non se usa
  • O sistema de tarifas vai contra a normativa europea de promover o consumo sostible da auga como ben básico facturado en base ao  consumo real, pouco nos primeiros metros cúbicos e ir subindo según a cousa xa se comez a exceder, deste xeito, faremos un uso máis racional deste ben.

O caso é que, inverno por diante, téimase en recomendarlle á cidadanía aforrar auga cando a cidadanía ignora a liquidación anual desta empresa. Somos Cedeira propuña o pago por tramos de acordo coa UE, é dicir, menos os que menos consuman, e máis os que que máis consuman.

Campaña Publicitaria da Xunta

Campaña Publicitaria da Xunta

Campaña Publicitaria da Xunta

Campaña Publicitaria da Xunta

O que este pobo precisa, cando as economías domésticas están a sofrer seriamente os efectos do paro, dos recortes salariais e das prestacións sociais, é unha facturación á altura do servizo recebido. O que non pode ser de ningunha das maneiras é que o fornecimento dun ben de primeira necesidade sirva para obter beneficios empresariais sen control. Privatízanse servizos rendíbeis que acaban sendo monopolios. O servizo dun ben básico non pode instrumentalizarse para o rendimento empresarial facil a costa do contribuinte, o que xa é unha burla é facelo por producto non consumido e que ainda se nos pretenda convencer cun pueril e paifoco xogo de palabras  ( “sede conscientes” e  “sede coidadosos” ) cando é a propia administración pública a que permite estes abusos. Pídesenos aforrar auga mentras rebordelan os encoros. Iso si, nisto non hai austeridade, o asunto ben vale unha campaña publicitaria a toda cor en pleno inverno.

É competencia do goberno municipal velar polos intereses colectivos. É responsabilidade súa, porén,  informar á cidadanía do que suporía a eliminación dos consumos mínimos e o cobro de auga por consumo real e se cadrar pensar xa en remunicipalizar o servizo unha vez revisada concesión e o contracto hogano vixente. O que non é asumibel nen sustentabel é – tal e como ten recoñecido a propia Xunta –  premiar o consumo excesivo e ademais apropiarse e deturpar un discurso de sustentabilidade, visibel nas inxentes e costosas campañas publicitarias cando a realidade é outra: en Cedeira  poderíamos deixar a billa aberta até deitar 45 m3 de auga e pagaríamos o mesmo que con él pechado tres meses. Que situacións semellantes se estén a dar en moitos concellos debería servir para atallar o desbalde de raíz e para propor unha xestión pública de vangarda conscente do limitado dos recursos acuíferos, atenta ás necesidades  presentes e futuras da cidadanía.

1 Comentario

  • En poucos dias a Unión Europea deberá decidir si admite a trámite a iniciativa cidadá europea que pide que o acceso á auga -como dereito humano que é- se torne un ben público e non comercial . Apartires de aquí abriríase un proceso no Parlamento Europeo. A iniciativa, homologabel ás iniciativas populares que se fan por aquí, apañou perto de 2 millóns de sinaturas. Cómpre estar á espreita porque as medidas que se piden neste artigo están na vangarda do que se está a cocer en Europa.

    Water is a huma right http://www.right2water.eu/

Deixar unha resposta

— required *

— required *

off
%d bloggers like this: