off
Cedeira, Imprensa, Ollaparo — 27 Xullo, 2013 at 11:04 a.m.

Olláparo no Comarcal

by
El Comarcal, La Voz de Galicia

“A revista “Olláparo” rexurde en formato dixital co mesmo espírito de 1984″.O 25  de xullo no Comarcal de La Voz de Galicia.

Repasar estes dias os vellos números de Olláparo, nos oitenta e noventa, entre a xeografia e a historia de andar pola leira, axúdanos a lembrar que un instituto de ensino medio público ,un centro de saúde, un auditorio,unha depuradora de augas residuais ou potabilizar a traida de auga para consumo humano non son cousas que as poña a natureza, como as herbas e regatos. Ponos a política. Ponos , tíraos ou  recórtaos.

O artigo de Ana Cuba destaca a análise do potencial aliberador e benefactor da nova xeira dixital,pois Olláparo ten experimentado a mudanza das novas tecnoloxías. Mais non se pode desvencellar do seu contexto histórico específico, da correlación de forzas en termos económicos e de poder.

A capacidade de internet de constituir un novo espazo integrado de interconexión, de acceso máis aberto que os espazos xerados por calquera tecnoloxía anterior, non ten dúbida. Como a súa capacidade de conter recursos que poden ser doadamente partillados, ou a súa facilidade para potenciar vieiros de participación social  e producir novas formas de  autoorganización.A posibilidade de ampliar a liberdade é ben presente nas tecnoloxías e nas xarxas. Mais tamén neste eido precisamos do debate informado crítico , fornecer propostas, exercer presión, formular obxectivos. Porque o pulomde liberación é vontade política. Como a própria democracia. Porén, o decisivo somos nós, e non a rede. A internet só é unha  ferramenta magnífica, aberta,a todas as posibilidades. Nos oitenta Olláparo entraba en todos lares cedeireses non sen grandes dificultades e grandes doses de paixón. Hoxe os atrancos son outros Por iso é tan decisivo que a fenda dixital e o desigual acesso á banda larga formen  parte das políticas públicas de igualdade,educación e economía. Que o proceso de alfabetización dixital non se ature porque o poder e o capital tamén o saben e tíranlle proveito.  Olláparo seguirá a alicerzarse na análise crítica, transparencia e ardentía. Por convicción democrática . E por servir ao proceso emancipador.

Grazas por leres e colaborares no Ollaparo !

Este sitio emprega Akismet para reducir o spam. Aprende como se procesan os datos dos teus comentarios.

off